Mary Frances Lyon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mary F. Lyon
Mary Frances Lyon.png
Datos persoais
Mary Frances Lyon
Nacemento15 de maio de 1925[1]
LugarNorwich, Inglaterra
Falecemento25 de decembro de 2014
LugarOxfordshire
NacionalidadeReino Unido e Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Actividade
Campoxenética
Alma máterUniversidade de Cambridge (BA, PhD)
Director de teseRonald Fisher
Alumnos de teseElizabeth Fisher (cosupervisada con Steve Brown)
Contribucións e premios
Coñecido porinactivación do cromosoma X[2]
Premios
editar datos en Wikidata ]

Mary Frances Lyon FRS,[3] nada en Norwich o 15 de maio de 1925 e finada en Oxfordshire o 25 de decembro de 2014,[4] foi unha xenetista inglesa, coñecida principalmente polo seu descubrimento da inactivación do cromosoma X, un importante fenómeno biolóxico que tamén se chama, na súa honra, lyonización.[5][6][7][8][9][10][11]

Infancia e educación[editar | editar a fonte]

Mary Lyon naceu o 15 de maio de 1925 en Norwich, Inglaterra e era a máis vella de tres irmáns fillos dun funcionario e unha mestre de escola. Foi educada nun instituto en Birmingham. Durante esa época, segundo ela dixo, empezou a interesarse na ciencia grazas a un bo mestre de escola[12] e os libros de natureza que gañou nun concurso de redacción.[13] Durante a Segunda guerra mundial, proseguiu os seus estudos no Girton College, Cambridge da Universidade de Cambridge,[14] onde leu libros de zooloxía, fisioloxía, química orgánica e bioquímica, sendo a zooloxía a principal materia. Daquela, só se lles permitía estudar na universidade a unhas 500 mulleres, en comparación con máis de 5000 homes. Ademais, as mulleres recibían só o chamado grao "titular", é dicir, non se lles outorgaba o grao, a pesar de que asistían ás mesmas clases que os homes e realizaban os mesmos cursos prácticos e os mesmos exames ca eles.[13] Durante esa época interesouse na embrioloxía. Continuou os seus estudos facendo o seu PhD (doutoramento) con R. A. Fisher, que foi profesor de xenética en Cambridge, onde ela caracterizou unha cepa mutante de ratos coa mutación 'pálida' e publicou a investigación. Durante o curso do seu doutoramento trasladouse a Edimburgo.

Investigación[editar | editar a fonte]

Despois de obter o seu doutoramento en 1950[15], Lyon uniuse ao grupo de Conrad Hal Waddington, co cal traballara na última parte do seu doutoramento. O grupo fora fundado polo Medical Research Council para investigar a mutaxénese e os riscos xenéticos da radiación. Ademais dos ratos coa mutación 'pallid' ('pálida'), estudou mutacións como a 'ataxia' (que afecta ao sistema nervioso causando dificultades para camiñar aos ratos) e a 'twirler' (unha mutación que causaba probemas no oído interno, facendo que os ratos abaneasen a cabeza e camiñasen en círculos debido á perda do equilibrio).

En 1955, o seu grupo trasladouse á unidade de radiobioloxía MRC de Harwell, onde había máis espazo para o equipamento necesario para os ratos. Alí continuou investigando as mutacións dos ratos. Tamén examinou o mutante 'mottled' (de pintas), que tiña un efecto diferente en machos e femias de rato: os embrións masculinos ás veces morrían e os machos superviventes tiñan pelame branco, pero as femias normalmente vivían e eran variegadas. Por medio de hibridacións dirixidas e calculadas de mutantes, investigou a transición da mutación e chegou á conclusión de que a mutación estaba situada no cromosoma X. Isto, xunto con novos descubrimentos daquela época sobre o cromosoma X, levárona a hipotetizar o silenciamento do cromosoma X.[13]

Lyon publicou moitos artigos científicos revisados por pares sobre a radiación e a mutaxénese química e sobre estudos de xenes mutantes.[16] Fixo un amplo traballo sobre o complexo t dos ratos.[17][18]

Encabezou a sección de xenética da unidade de radioloxía MRC de Harwell desde 1962 a 1987. Aínda que se retirou da investigación en 1990, segundo unha entrevista realizada en 2010, seguiu realizando actividades no laboratorio unhas poucas veces á semana.[13]

Inactivación do cromosoma X[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Inactivación do cromosoma X.

Mentres estaba facendo traballos sobre os perigos da radiación en 1961 descubriu a inactivación do cromosoma X, pola cal sería principalmente coñecida,[14] e dito fenómeno denomínase tamén lyonización na súa honra. As súas posteriores investigacións axudaron a dilucidar os mecanismos de control xenético do comosoma X e axudaron a explicar por que as femias 'portadoras' de trastornos xenéticos ligados ao X podían presentar síntomas suaves.[19]

Premios e honores[editar | editar a fonte]

Lyon foi elixida membro da Sociedade Real en 1973,[3] asociada estranxeira da Academia Nacional das Ciencias de EUA e membro honorario estranxeiro da Academia Americana das Artes e as Ciencias. En 1994 gañou o Premio Mauro Baschirotto de xenética humana, en 1997 o Premio Wolf de Medicina pola súa hipótese sobre a inactivación aleatoria do cromosoma X en mamíferos. En 1997 recibiu o Premio Amory polos seus descubrimentos xenéticos sobre os cromosomas sexuais de mamíferos.[20] En 2004 foi galardoda co Premio March of Dimes en bioloxía do desenvolvemento. En 2006 recibiu o Premio Pearl Meister Greengard da Universidade Rockefeller. Desde 2015 A Sociedade da Xenética outorga a Medalla Mary Lyon na súa honra.

Outros premios e honores que recibiu foron:

O seu nomeamento para a Sociedade Real dicía así:

Distinguida por moitas importantes contribucións á xenética dos mamíferos, notablemente sobre os efectos mutaxénicos da irradiación medidos en ratos, e sobre a construción da hipótese de que un dos dous cromosomas X das femias é inactivado nun estadio temperán da embrioxénese. A hipótese, que agora se acepta universalmente como probada, ofreceu unha solución ao problema que durara tanto tempo da compensación de dose do X nas femias de mamíferos, e iluminou moito a natureza da aneuploidía dos cromosomas sexuais, influíu en ideas sobre a orixe de certos tumores e da leucemia mielóxena crónica no home, e alimentou o pensamento sobre os mecanismos fundamentais de desactivación de xenes. A lionización, como outros rapidamente chamaron o fenómeno, quizais abriu máis liñas de investigción e estimulou máis traballos que calquera outro concepto biolóxico recente.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Anon (2015). Lyon, Mary Frances. ukwhoswho.com. Who's Who (online Oxford University Press ed.). A & C Black, an imprint of Bloomsbury Publishing plc. doi:10.1093/ww/9780199540884.013.U25200.
  2. Lyon, M. F. (1998). "X-chromosome inactivation: A repeat hypothesis". Cytogenetics and Cell Genetics 80 (1–4): 133–7. PMID 9678347. doi:10.1159/000014969. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "EC/1973/19: Lyon, Mary Frances". Londres: The Royal Society. Arquivado dende o orixinal o 7 de febreiro de 2015. 
  4. "Mary Lyon, geneticist – obituary". The Daily Telegraph. 3 de febreiro de 2015. Consultado o 4 de marzo de 2015. 
  5. Rastan, Sohaila (2015). "Mary F. Lyon (1925–2014) Grande dame of mouse genetics". Nature 518 (7537): 36. PMID 25652989. doi:10.1038/518036a. 
  6. "Formal portrait of Mary Lyon by Godfrey Argent". London: The Royal Society. Arquivado dende o orixinal o 7 de febreiro de 2015. 
  7. Mary Lyon Entry in Who named it?. Consultado o 4 de marzo de 2015.
  8. Oakes, Elizabeth H. Lyon, Mary Frances. International Encyclopedia of Women Scientists. New York, NY. Facts on File, Inc. 2002. Facts on File, Inc. Science Online. factsonfile.com.
  9. Lyon, M. F. (1961). "Gene action in the X-chromosome of the mouse (Mus musculus L.)". Nature 190 (4773): 372–3. Bibcode:1961Natur.190..372L. PMID 13764598. doi:10.1038/190372a0. 
  10. Brockdorff, Neil (2017). "Polycomb complexes in X chromosome inactivation". Philosophical Transactions of the Royal Society B 372 (1733): 20170021. ISSN 0962-8436. PMC 5627167. PMID 28947664. doi:10.1098/rstb.2017.0021. 
  11. Heard, Edith; Brockdorff, Neil (2017). "Preface: X-chromosome inactivation and Mary Lyon". Philosophical Transactions of the Royal Society B 372 (1733): 20160353. ISSN 0962-8436. PMC 5627156. PMID 28947653. doi:10.1098/rstb.2016.0353. 
  12. "Genetics and Medicine Historical Network". 
  13. 13,0 13,1 13,2 13,3 Gitschier, J. (2010). "The Gift of Observation: An Interview with Mary Lyon". PLoS Genetics 6 (1): e1000813. PMC 2809768. PMID 20107603. doi:10.1371/journal.pgen.1000813. 
  14. 14,0 14,1 Peter Harper (11 de outubro de 2004). "Mary Lyon". Genetics and Medicine Historical Network, Cardiff University. 
  15. Haines, Catharine M. C. (2018). "Lyon, Mary Frances". Oxford Dictionary of National Biography 1. doi:10.1093/odnb/9780198614128.013.109090. 
  16. Mary F. Lyon's publications indexed by the Scopus bibliographic database
  17. Lyon, M. F. (1986). "Male sterility of the mouse t-complex is due to homozygosity of the distorter genes". Cell 44 (2): 357–363. doi:10.1016/0092-8674(86)90770-1. 
  18. Lyon, M. F. (1972). "X-Chromosome Inactivation and Developmental Patterns in Mammals". Biological Reviews 47 (1): 1–35. PMID 4554151. doi:10.1111/j.1469-185X.1972.tb00969.x. 
  19. Puck, J. M.; Willard, H. F. (1998). "X inactivation in females with X-linked disease". New England Journal of Medicine 338 (5): 325–8. PMID 9445416. doi:10.1056/NEJM199801293380611. 
  20. Lyon, M. F. (1962). "Sex chromatin and gene action in the mammalian X-chromosome". American Journal of Human Genetics 14: 135–48. PMC 1932279. PMID 14467629.