Martín Belda y Mencía del Barrio
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1820 Cabra, España |
Morte | 1 de xaneiro de 1882 (61/62 anos) Madrid, España |
Lugar de sepultura | Cementerio de San José |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
Actividade | |
Ocupación | político, militar |
Partido político | Unión Liberal |
Martín Belda y Mencía del Barrio nado en Cabra (Córdoba) o 12 de agosto de 1820 e finado en Madrid o 1 de xaneiro de 1882[1], foi un militar e político español, e ministro de Mariña, durante o reinado de Isabel II de España.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do valenciano Francisco Belda Calabuig, comerciante de panos, e empregado de correos, procedente de Bocairent, e Rosa Mencía del Barrio López, natural de Cabra. Aprende na súa cidade natal as primeiras letras e cando tiña 15 anos marchou para Madrid. A pesar de ter só unha educación básica, prosperou no mundo político pola súa capacidad de creear unha rede de intereses no sur de Córdoba, onde foi deputado, polo distrito de Cabra, en varias lexislaturas desde 1846[2].
Cargos públicos
[editar | editar a fonte]Martín Belda é un exemplo prototípico da persoa que non é un político tradicional de familia de avoengo, nin unha persoa con fortuna, senón que tivo moi claro que debía ser un político que serve os intereses dos votantes importantes do seu distrito e por iso, continuamente, aparece como deputado nas sucesivas eleccións[3].
Soubo buscar influencias e co apoio de paisanos como Vicente Alcalá Galiano obtivo o primeiro oficio en Madrid de escribente no ministerio de Mariña[4]. De contado, pasou a formar parte do Partido Moderado da tendencia denominada os "polacos" que dirixía Luis José Sartorius y Tapia, conde de san Luis, que o axudou a obter o grao de coronel na mariña. Foi Ministro de Mariña durante os gobernos do partido moderado dominado por Narváez e González Bravo, entre os anos 1867 e 1868. Unha das primeiras medidas que tomou foi a de anular un pedido de buques de guerra o que motivou o descontento da oficialía de mariña e o apoio destes ao pronunciamento que se preparaba contra Isabel II[5]. Ao se producir a Gloriosa, marchou con Isabel II ao exilio a París.
Despois da restauración borbónica, recibiu do novo rei Afonso XIII o marquesado de Cabra no ano 1875 pola súa lealdade á Coroa[6] (decreto do 5 de febreiro e despacho do 17 de xuño)[7]. Foi tamén presidente do Congreso, de xeito interino entre febreiro e marzo de 1865[8] e, de xeito efectivo entre marzo e decembro de 1867. Tamén
Foi elixido membro do parlamento de Cabra nas eleccións xerais de 1876 e 1879. Durante o goberno de Cánovas del Castillo[9], foi apoderado xeral de Isabel II e de aí pasou a ser nomeado Gobernador do Banco de España entre febreiro de 1878 e marzo de 1881.
Outras características
[editar | editar a fonte]Foi amigo do autor egabrense Juan Valera y Alcalá Galiano aínda que as relacións foron entubiándose[10]. Tamén foi un benefactor do Real Colexio da Inmaculada Concepción de Cabra, hoxe IES Aguilar y Eslava, do que foi antigo alumno[11][12]. Foi condecorado coa Gran Cruz da orde de Carlos III.
Predecesor: José Elduayen |
Gobernador do Banco de España 1878-1881 |
Sucesor: Antonio Romero Ortiz |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Martín Belda y Mencia del Barrio. Marqués de Cabra". congreso.es. Consultado o 26-08-2017.
- ↑ "BELDA Y MENCIA DEL BARRIO, MARTIN. Relación de elecciones en las que fue diputado". congreso.es. Consultado o 26-08-2017.
- ↑ Calatayud Giner, Salvador; Millán García-Varela, Jesús; Romeo Mateo, María Cruz (2016). El estado desde la sociedad: Espacios de poder en la España del siglo XIX. Alacant: Universitat d'Alacant. pp. 76–77. ISBN 978-84-9717-458-9.
- ↑ Ramos Santana, Alberto (coord.) (2012). La Constitución de 1812: clave del liberalismo en Andalucía. Cuadernos de Andalucía en la Historia Contemporánea. Sevilla: Fundación Pública Andaluza Centro de Estudios Andaluces. pp. 127–128. ISBN 978-84-939926-7-5.
- ↑ Caro Cancela, Diego (director) (2010). Diccionario biográfico de parlamentarios de Andalucía, 1810-1869: A-G. Sevilla: Fundación Pública Andaluza Centro de Estudios Andaluces. p. 213. ISBN 978-84-938354-6-0.
- ↑ Martorell Linares, Miguel (2011). José Sánchez Guerra: un hombre de honor (1859-1935). Madrid: Marcial Pons Historia. p. 53. ISBN 978-84-92820-42-9.
- ↑ Atienza y Navajas (barón de Cobos de Belchite), Julio de; Barredo de Valenzuela, Adolfo (1982). Títulos nobiliarios de Almería. Madrid: Instituto Salazar y Castro (CSIC). p. 78. ISBN 84-00-05074-6.
- ↑ "Diario de sesiones del Congreso de los Diputados (21-02-1865)" (PDF). congreso.es. Consultado o 26-08-2017.
- ↑ La Ilustración española y americana, I. p.3
- ↑ Contreras, Jesús C, (2017). Valera D. Juan: su perfil ignorado y algunas cartas inéditas. Madrid: Vision Net. p. 80. ISBN 9788497703154.
- ↑ “Instituto-Fundación Aguilar y Eslava” Salvador Guzmán Moral, Participación Educativa nº 7, marzo de 2008, revista del Consejo Escolar del Estado, p. 91-97.
- ↑ "historia". aguilaryeslava.org. Consultado o 26-08-217.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Garrido Ortega, José M.(2004). Martín Belda, unha política de servizo de Isabel II (2 vols.). UCOPress, Editorial Universidad de Córdoba. Córdoba ISBN 8478017127
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Cordobeses ilustresArquivado 12 de setembro de 2019 en Wayback Machine.