Saltar ao contido

Mark Simpson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMark Simpson
Biografía
Nacemento4 de febreiro de 1961 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Fort Wayne, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Altura203 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
CB Bilbao Berri

Mark Allen Simpson, nado o 4 de febreiro de 1961 en Fort Wayne, Indiana, é un ex-xogador profesional de baloncesto estadounidense. Xogaba na pocisión de ala cunha altura de 2,03 m. Foi o dúas veces máximo triplista da Liga ACB.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en Fort Wayne e formado no Catawba College, Simpson foi elixido na sétima rolda do Draft da NBA de 1984 polos Denver Nuggets. Porén, non chega a xogar nunca na NBA e desenvolvería a súa carreira deportiva en Europa. As súas primeiras temporadas como profesional trasncorreron en Israel, Grecia e Francia. Na temporada 1988−1989 xoga no Napoli Basket, facendo unha media durante a temporada de 22 puntos e 7 rebotes por encontro.[1]

A súas últimas catro temporadas como profesional serían en España, onde xoga dous anos no Cajabilbao e outros dous no Real Madrid. Nestas catro temporadas fai unha media de 18 puntos e 5 rebotes por partido. Especialista en triplas, no Real Madrid foi un dos dous estranxeiros xunto con Ricky Brown que axudaron á vitoria na Recopa de Europa. Ao ano seguinte, xa con tres estranxeiros por equipo, sumouse Arvydas Sabonis e conseguiu gañar a Liga ACB e Copa do Rei. Despois da final, e por problemas físicos nos xeonllos, Simpson decide retirarse da práctica activa do baloncesto, non sen antes dar positivo nun control antidopaxe ao inxerir un medicamento estadounidense chamado Elixir DM "sen consentimento dos servizos médicos do club". Simpson estábase a tratar unha forte catarreira. O xogador de non terse retirado, tivese sido sancionado con dous anos sen poder xogar.[2]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
  1. "Simpson Mark - Statistiche individuali". legabasket.it. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2021. Consultado o 06 de outubro de 2021. 
  2. "Simpson da positivo". elpais.com. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]