Marion Cotillard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marion Cotillard
Nacemento30 de setembro de 1975
LugarParís
NacionalidadeFrancia
Educada enDepartmental Conservatory of Orleans
PaiJean-Claude Cotillard
NaiNiseema Theillaud
Cónxuxe(s)Guillaume Canet (2007–presente)
Profesiónactriz, cantante, actriz de cinema, actriz de teatro e ecoloxista
Na rede
http://www.cotillard.net
IMDB: nm0182839 Allocine: 17367 Rottentomatoes: celebrity/marion_cotillard Allmovie: p195575 TCM: 556825 Metacritic: person/marion-cotillard
Instagram: marioncotillard Last fm: Marion+Cotillard Musicbrainz: 76c84ded-d648-4b6c-b09a-f1db5fd3c3f2 Discogs: 800728 WikiTree: Cotillard-1 Genius: Marion-cotillard Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Marion Cotillard é unha actriz francesa nada o 30 de setembro de 1975 en París. Viviu gran parte da súa infancia en Orleáns.

Biografía[editar | editar a fonte]

Marion Cotillard é filla de Niseema Theillaud, actriz, e de Jean-Claude Cotillard, actor, mimo e director pedagóxigo da Escola Superior de Arte Dramática de París. Ten dous irmáns xemelgos, Quentin (pintor e escultor) e Guillaume (guionista e realizador), nados o 6 de novembro de 1977.

Estudou no Instituto Voltaire de Orleáns, situado no barrio de La source, ao sur da cidade, e no Instituto Molière de París. O seu primo Laurent Cotillard dirixiu a súa primeira obra, Y a des nounours dans les placards. En 1994 obtivo o primeiro premio do Conservatorio de Arte dramática de Orleáns.

Comezou a aparecer en series de televisión como Highlander ou Extrême Limite, e despois no cine co filme La Belle Verte, malia que foi con Taxi co que se deu a coñecer ao grande público e que supuxo o seu primeiro nomeamento ao César á mellor actriz revelación. O seu papel nesta película serviulle para traballar en producións como La Mouette ou Les Jolies Choses, coa que obtivo un novo nomeamento aos premios César, conseguindo en 2005 gañar o César á mellor actriz de repato por Un longo domingo de noivado, de Jean-Pierre Jeunet.

En 2007 interpretou a Édith Piaf no filme de Olivier Dahan La vie en rose (La môme), co que conseguiu o Oscar á mellor actriz (o primeiro para un intérprete francés por un papel nunha longametraxe en francés), o BAFTA á mellor actriz, o César á mellor actriz e o Globo de Ouro á mellor actriz en comedia ou musical. Grazas a este filme confirmou a súa sona de actriz en Francia e en Hollywood.

En 2009 interpretou a Evelyn (Billy) Frechette, a moza de John Dillinger no filme Enemies publiques e tamén estivo nomeada por segunda vez aos Globos de Ouro polo seu papel de Luisa Contini en Nine.

Na actualidade ten unha relación co actor francés Guillaume Canet, dende finais de 2007. O 15 de marzo de 2010 Marion recibiu a Medalla da Orde das Artes e das Letras de Francia. O 20 de maio de 2011 tivo o seu primeiro fillo, Marcel.[1] O 16 de marzo de 2017 naceu o seu segundo fillo, unha nena chamada Louise.

Ademais, é militante activista de Greenpeace.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Longametraxes[editar | editar a fonte]

  • 1994: L'Histoire d'un garçon qui voulait qu'on l'embrasse de Philippe Harel
  • 1996: Comment je me suis disputé...(ma vie sexuelle) de Arnaud Desplechin
  • 1996: La Belle Verte de Coline Serreau
  • 1998: Taxi de Gérard Pirès
  • 1999: La Guerre dans le haut pays de Francis Reusser
  • 1999: Du bleu jusqu'en Amérique de Sarah Lévy
  • 1999: Taxi 2 de Gérard Krawczyk
  • 2000: Furia de Alexandre Aja
  • 2000: Les Jolies Choses de Gilles Paquet-Brenner
  • 2001: Lisa de Pierre Grimblat
  • 2002: Une affaire privée de Guillaume Nicloux
  • 2003: Taxi 3 de Gérard Krawczyk
  • 2003: Jeux d'enfants de Yann Samuell
  • 2003: Big Fish de Tim Burton (Joséphine)
  • 2004: Un longo domingo de noivado de Jean-Pierre Jeunet
  • 2005: Innocence de Lucile Hadzihalilovic
  • 2005: Sauf le respect que je vous dois de Fabienne Godet
  • 2005: La boîte noire de Richard Berry
  • 2005: Edy de Stéphan Guérin-Tillié
  • 2005: Cavalcade de Steve Suissa
  • 2005: Ma vie en l'air de Rémi Bezançon
  • 2005: Mary de Abel Ferrara
  • 2006: Toi et moi de Julie Lopes-Curval
  • 2006: Fair play de Lionel Bailliu
  • 2006: Dikkenek de Olivier Van Hoofstadt
  • 2006: A good year de Ridley Scott (Fanny Chenal)
  • 2007: La Môme de Olivier Dahan
  • 2009: Nine de Rob Marshall
  • 2009: OceanWorld 3D de Jean-Jacques Mantello
  • 2009: Public Enemies de Michael Mann
  • 2009: El último vuelo de Karim Dridi
  • 2010: Orixe de Christopher Nolan
  • 2010: Les petits mouchoirs de Guillaume Canet
  • 2011: Contaxio de Steven Soderbergh
  • 2011: Midnight in Paris de Woody Allen
  • 2012: De rouille et d'os de Jacques Audiard
  • 2012: O cabaleiro escuro: a lenda renace de Christopher Nolan
  • 2013: The Immigrant de James Gray
  • 2013: Blood Ties de Guillaume Canet
  • 2013: Anchorman: The Legend Continues de Adam McKay
  • 2014: Deux jours, une nuit dos irmáns Dardenne
  • 2015: Macbeth de Justin Kurzel
  • 2015: Un Monde Truqué de Franck Ekinci et Christian Desmares
  • 2015: The Little Prince de Mark Osborne
  • 2017: Rock'n Roll de Guillaume Canet

Curtametraxes[editar | editar a fonte]

  • 1996: Snuff Movie
  • 1996: L'amour est à réinventer, dix histoires d'amour au temps du sida, segment La Mouette
  • 1997: Affaire classée
  • 1998: La Surface de réparation
  • 1999: L'Appel de la cave
  • 2000: Le Marquis
  • 2001: Heureuse
  • 2001: Boomer

Televisión[editar | editar a fonte]

  • 1994: Extrême limite
  • 1996: Chloé
  • 1998: Interdit de vieillir
  • 2001: Les Redoutables : Doggy Dog
  • 2001: Une femme piégée de Laurent Carcélès

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]