Guillaume Canet, actor, de 43 anos de idade, leva a vista atrás cando a súa nova compañeira de elenco lle di que xa non é un obxecto de desexo para as mulleres da xeración máis nova, algo que como actor pode ter repercusións no seu traballo. A razón desta perda de atracción é a súa vida familiar ordenada con Marion Cotillard, o seu fillo Lucien, a súa casa de campo, a súa paixón polos cabalos. Guilleume comprende que debe facer o posible para mudar esa imaxe ordinaria por outra realmente máis sexy.
Guillaume Canet quería, logo de varios anos pensando niso, desenvolver o proxecto, ao primeiro pensou na forma de falso documental sobre as pantasmas xerados pola notoriedade
[1]. Mais decidiu abandonar esta idea logo da estrea de I'm Still Here (Casey Affleck, 2010), filme no que Joaquin Phoenix presentou a súa nova vida de rapeiro, era xusto o documental que quería facer Canet[1]. Decidiu cambiar a perspectiva, inspirándose na súa propia vida e na súa relación con Marion Cotillard para facer unha curtametraxe[1].
Ao final optouse por unha longametraxe e para seguir o máximo posible un estilo autobiográfico, Canet insistiu en escoller a xente próxima para acompañalo no filme. O produtor Alain Attal, o seu colaborador habitual, actúa no filme ademais de ser o propio produtor do filme. A rodaxe realizouse nos estudios de d'Épinay en Seine-Saint-Denis[2].