Saltar ao contido

La Belle Verte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Belle Verte
Ficha técnica
Título orixinalLa Belle Verte
DirectorColine Serreau
ProdutorAlain Sarde
GuiónColine Serreau
IntérpretesColine Serreau
Vincent Lindon
James Thiérrée
Samuel Tasinaje
Marion Cotillard
MúsicaColine Serreau
FotografíaRobert Alazraki
MontaxeCatherine Renault
Estrea1996
Duración99 min.
OrixeFrancia
XéneroComedia
Na rede
IMDB: tt0115650 Filmaffinity: 681687 Allocine: 15287 Rottentomatoes: m/belle_verte Allmovie: v136775 TCM: 524742 Editar o valor en Wikidata

La Belle Verte é unha película francesa de 1996 dirixida por Coline Serreau. Critica dun xeito cómico o progreso contranatural do mundo industrial.

Argumento

[editar | editar a fonte]

A historia comeza nun planeta distante (o planeta verde) habitado por unha civilización avanzada e igualitaria, en perfecta harmonía coa natureza, e que practicar certas disciplinas como a telepatía. Nunha reunión do consello planetario, os veciños destacan o feito de que hai polo menos 200 anos que ningún voluntario vai visitar a Terra, a diferenza doutros planetas, que si desencadean un entusiasmo moito maior. Buscando saber os motivos, e aproveitando a experiencia de Osam, o último que foi á Terra, na era napoleónica, fan a observación de que a Terra aínda é un lugar dunha civilización atrasada probablemente caracterizada por desigualdades sociais, racismo, diñeiro etc, unha situación que a chegada da Revolución Industrial só podería empeorar. Neste planeta verde tamén houbera unha era industrial con bens de consumo, pero fai tantos anos que é estudada nas clases de arqueoloxía. Os habitantes son da opinión de que "desconectar" certos terráqueos podería axudar a esta civilización para progresar máis rapidamente.

Atraída pola curiosidade, e sabendo que súa nai era da Terra, Mila decide visitala para coñecer as súas orixes. Equipada cun "programa de desconexión" que pode activar cun único movemento de cabeza a unha persoa para que evolucione, e así é enviada á Terra, a París.

Rapidamente se desilusiona, vendo as rúas ateigadas, o aire contaminado, as beirarrúas cheas de zurullos, a concentración dos habitantes, a agresividade da xente... Alérxica á comida industrial, vese obrigada a encontrar un recentemente nado, para poder "recargarse".

Conseguindo entrar nun hospital durante a noite, colle un e dorme con el. Á mañá é sorprendida por Macha, a enfermeira de planta, que lle explica que o bebé foi abandonado pola nai, violada por un serbio de Bosnia, cando chega Max, o xefe do hospital, que ten intención de chamar á policía. Ela desconecta a Max, que pasa a ter a partir dese momento un comportamento totalmente diferente, espontáneo e cheo de bondade. Mila pídelle axuda a Max, quen o levará a súa casa. A pesar da resistencia dos seus fillos, Max decidirá sacar a televisión da casa para impulsar o diálogo na familia. A súa súbita mudanza de comportamento e discusións con Mila sobre a futilidade de certos comportamentos dos terráqueos leva a Florence, a esposa de Max, a reflexionar profundamente sobre o significado das súas vidas e decide separarse del por algún tempo.

Cando volve ao hospital para recargarse, Mila atopa chorando a Macha, que lle explica que o DDASS vai levar o bebé porque a nai non o quere. Inquietas polo futuro do bebé, deciden levalo, para a casa de Macha, que vive coa súa irmá Sonia. Os inspectores do DDASS, ao non atopar o bebé, deciden investigar e sospeitan rapidamente de Macha. Para se librar deles, Mila desconéctaos tamén, pero acabaran escondéndose todos na casa de Max.

No curso dunha conversa telepática coa súa nai, os fillos maiores de Mila, Mesaul e Mesaje, ven a imaxe de Macha e Sonia e namóranse delas inmediatamente. Entón solicitan discretamente a axuda de Osam para que os envíe á Terra, aínda que aterran no deserto australiano, que non coincide coa descrición de París que lle fixera súa nai, e simpatizan inmediatamente cunha tribo aborixe, coa que descobren numerosos puntos en común: o respecto á natureza, a medicina natural, ou dons de telepatía. A través do seu programa "desconexión sorriso", conseguiran chegar a Paría sen cartos e cruzando aduanas, onde encontraran a súa nai, como tamén a Max, Macha e Sonia.

Mesaje e Mesaul serán quen describan o estilo de vida do seu planeta, pois son máis doutos en arqueoloxía que súa nai. Contan como un boicot xeneralizado de todo o que era malo para a vida (as industrias agroalimentarias e químicas, as fábricas de armas, o tabaco e o alcol, as industrias farmacéuticas e nucleares, os automóbiles... ) levou ao fin da sociedade de consumo.

Ao final, as rapazas fuxiran da policía índose cos rapaces e levándose o bebé para integrarse no planeta verde.