Saltar ao contido

Mario Orjales Pita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMario Orjales Pita

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(gl) Mario Orxais Pita Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de abril de 1937 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte8 de xullo de 2020 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxurista, sociólogo, político Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosNatalia, Enrique, Teresa Orjales Vidal Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1321534 BUSC: orjales-pita-mario-1937 Dialnet: 3837594


Mario Orjales Pita, nado na Coruña o 1 de abril de 1937 e finado en Pontevedra o 8 de xullo de 2020, foi un xurista, sociólogo e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Ingresou no Instituto Nacional de Reforma y Desarrollo Agrario e ampliou coñecementos en Italia sobre a reforma agraria. Foi fundador das agrupacións culturais O Galo (1961) e O Facho (1963), e do Partido Socialista Galego (1963). Foi o candidato número dous do PSG pola provincia de Pontevedra nas eleccións xerais de 1977.[1] O 7 de agosto de 2020 celebrouse unha homenaxe póstuma,[2] onde participaron Xosé Manuel Beiras e Guillermo Corral entre outros.

  • "A problemática sociolóxica das comunidades galegas", 1958, pp. 11-31, en Introdución á economía galega de hoxe, 1969, Editorial Galaxia.
  • "Crise da casa como sistema de produción e mais de convivencia", pp. 113-144, en A Galicia rural na encrucillada, 1975, Editorial Galaxia.
  • "A agricultura de grupo" en Galicia. Realidade económica e confito social, 1979, Banco de Bilbao.[3]
  • O modelo territorial. Reflexións sobre a concentración parcelaria e a ordenación do espacio rural galego, 2003, Seminario de Estudos Galegos.[4]
  • "Dualismo e dependencia en O atraso económico de Galicia", pp. 33-42, en Á beira de Beiras: ensaios e apuntamentos", 2011, Galaxia, ISBN 978-84-9865-408-0.
  1. Faro de Vigo, 10-5-1977, p. 23.
  2. Barral, Cristina (4/8/2020). "Homenaje póstumo en Pontevedra a Mario Orjales Pita, uno de los fundadores del PSG". La Voz de Galicia. 
  3. Libro secuestrado, nunca distribuidor integramente
  4. Separata de Cadernos da Área de Ciencias Agrarias, v. 16, 2003, pp. 213-238.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]