Marie-José Pérec
Biografía | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 9 de maio de 1968 (56 anos) Basse-Terre, Francia | ||||||||||||||||
Educación | ESSEC Business School INSEP (en) | ||||||||||||||||
Altura | 180 cm | ||||||||||||||||
Peso | 60 kg | ||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||
Ocupación | velocista, atleta | ||||||||||||||||
Período de actividade | 1984 - 2004 | ||||||||||||||||
Profesores | Jacques Piasenta | ||||||||||||||||
Deporte | atletismo | ||||||||||||||||
Disciplina deportiva | carreira de velocidade | ||||||||||||||||
Adestrado por | Fernand Urtebise (pt) (1985–) | ||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||
1996 | Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 1996 - 200 m feminino (pt) (medalla de ouro olímpica) | ||||||||||||||||
1996 | Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 1996 - 400 m feminino (pt) (medalla de ouro olímpica) | ||||||||||||||||
1992 | Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 1992 - 400 m feminino (pt) (medalla de ouro olímpica) | ||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Descrito pola fonte | Dictionary of Caribbean and Afro–Latin American Biography (en) | ||||||||||||||||
Marie-José Pérec, nada en Basse-Terre, Guadalupe, o 9 de maio de 1968 é unha ex-atleta francesa especialista en 200 e 400 metros e gañadora de tres medallas de ouro olímpicas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nada e criada en Basse-Terre, unha illa do arquipélago de Guadalupe nas Antillas francesas, trasladouse a vivir a París cando tiña 16 anos e xa destacaba polas súas condicións naturais para o atletismo. Da man do preparador Jacques Piasenta en poucos anos chegou á elite mundial.
En 1989 proclamouse campioa de Europa dos 200 m en pista cuberta na Haia e foi 6ª nesta mesma proba nos mundiais en pista cuberta de Budapest.
En 1990 logrou a súa primeira medalla nunha gran competición ao aire libre, sendo 3ª nos Campionatos de Europa de Split, tras as alemás orientais Grit Breuer e Petra Schersing.
A súa consagración chegou ao ano seguinte nos Campionatos do Mundo de Toquio, onde conseguiu a vitoria facendo ademais a mellor marca mundial do ano con 49'13.
Chegaba como gran favorita aos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992, e confirmou os prognósticos gañando a medalla de ouro cunha gran marca de 48'83 por diante da vixente campioa olímpica Olga Bryzgina (49,05) e da colombiana Ximena Restrepo (49,64). Foi a segunda francesa en gañar o ouro olímpico nesta proba logo de Colette Besson en México 1968.
En 1993 tivo unha tempada difícil, con lesións e problemas co seu adestrador Jacques Piasenta, co que rompeu ese ano. En 1994 trasladouse a California, nos EEUU, onde comezou a traballar co coñecido preparador de velocistas John Smith, e as cousas volveron funcionar para ela.
Nos Campionatos de Europa ao aire libre de Helsinqui 1994, gañou comodamente nos 400 m, e ademais obtivo outra medalla de ouro co equipo francés de substitucións 4×400 m, xunto a Francine Landre, Viviane Dorsile e Evelyn Elien. Ese ano volveu ser a mellor do mundo cunha marca de 49,77 feita na reunión atlética de París.
En 1995, nos Campionatos do Mundo de Gotemburgo gañou o seu segundo título mundial con 49,28 e sacando unha gran vantaxe aos seus rivais. Ademais con esa marca lideraba a clasificación mundial por cuarto ano consecutivo.
A competición máis importante da súa carreira deportiva foron os Xogos Olímpicos de Atlanta 1996. Aínda que era a gran favorita para revalidar o seu título olímpico nos 400 m, ninguén esperaba que puidese gañar tamén nos 200 m, unha proba menos adecuada ás súas características e onde a xamaicana Merlene Ottey parecía contar con moitas máis opcións.
Con todo Perec logrou facer dobrete gañando tanto en 200 e como en 400 m, algo que só conseguira antes a estadounidense Valerie Brisco-Hooks nos Ánxeles 1984. Perec derrotou a Ottey nos 200 m cunha marca de 22,12, mentres que nos 400 m fixo a mellor carreira da súa vida con 48,25 que era unha nova marca olímpica e tamén se converteu na primeira muller que lograba revalidar o título olímpico en 400 metros.
Tras os Xogos de Atlanta xa non volveu conseguir resultados destacables. As desgrazas en forma de lesións e enfermidades cebáronse sobre ela. En 1997 lesionouse, e tras unha tímida reaparición, caeu enferma co virus Epstein-Barr, perdéndose toda a tempada de 1998.
Non reapareceu seriamente ata o ano 2000, e fíxoo con resultados bastante discretos. Tamén tivo problemas co seu adestrador John Smith, ao que deixou para irse a Alemaña a adestrar con Wolfgang Meier, o marido e ex-adestrador da plusmarquista mundial Marita Koch.
Acudiu aos Xogos Olímpicos de Sydney 2000, onde levantou unha grande expectación por ver se era capaz de rivalizar coa autraliana Cathy Freeman, a gran favorita. Con todo Perec non chegou a competir en Sydney. Uns días antes da competición abandonou precipitadamente a cidade por motivos que nunca foron completamente aclarados. Segundo dixo a propia Perec, había un individuo que a ameazaba na porta do seu hotel e temía pola súa seguridade, aínda que outros din que o seu estado de forma non era bo e que se foi porque sabía que non tiña posibilidades de facer nada destacado.
Tras varios anos afastada das pistas intentou volver en 2003 para participar nos Campionatos do Mundo de París, aínda que finalmente renunciou a facelo. Deste xeito puxo punto final á súa carreira deportiva.
Perec foi unha das mellores atletas da década dos 90, destacando pola súa elegancia á hora de correr e as súas longuísimas pernas. A súa carreira deportiva veu marcada tamén polos problemas físicos, así como polas numerosas polémicas en que se viu inmersa, debidas en parte ao seu carácter un tanto difícil.
Resultados
[editar | editar a fonte]Ano | Competición | Lugar | Posto | Marca |
---|---|---|---|---|
1989 | Campionato de Europa Indoor | A Haia, Países Baixos | 1ª en 200 m | 23,21 |
1989 | Campionato do Mundo Indoor | Budapest, Hungría | 6ª en 200 m | 23,99 |
1990 | Campionato de Europa | Split, Croacia | 3ª en 400 m | 50,84 |
1991 | Campionato do Mundo | Toquio, Xapón | 1ª en 400 m | 49,13 |
1992 | Xogos Olímpicos | Barcelona, España | 1ª en 400 m | 48,83 |
1992 | Copa do Mundo | A Habana, Cuba | 1ª en 200 m
2ª en 4×100 m |
23,07
44,02 |
1993 | Campionato do Mundo | Stuttgart, Alemaña | 4ª en 200 m | 20,20 |
1994 | Campionato do Europa | Helsinqui, Finlandia | 1ª en 400 m
1ª en 4×400 m |
50,33
3:22,34 |
1995 | Campionato do Mundo | Gotemburgo, Suecia | 1ª en 400 m | 49,28 |
1996 | Xogos Olímpicos | Atlanta, EEUU | 1ª en 200 m
1ª en 400 m |
22,12
48,25 |
Marcas persoais
[editar | editar a fonte]- 100 metros - 10,96 (Dijon, 1991)
- 200 metros - 21,99 (Villeneuve d'Ascq, 1993)
- 400 metros - 48,25 (Atlanta, 1996)
- 400 metros valas - 53,21 (Zürich, 1995)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Velocistas
- Atletas olímpicos de Francia
- Nados en 1968
- Nados en Guadalupe, Francia
- Medallistas olímpicos de ouro por Francia
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1992
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1996
- Medallistas olímpicos en atletismo
- Atletas nos Xogos Olímpicos de 1988
- Atletas nos Xogos Olímpicos de 1992
- Atletas nos Xogos Olímpicos de 1996