Mariano Abalo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mariano Abalo
 Cangas
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Mariano Abalo Costa, nado en Cangas, é un político galego. Funcionario do Servizo de Correos, foi concelleiro en Cangas, deputado provincial en Pontevedra e Presidente da Xestora Municipal de Cangas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1983 foi elixido Secretario Xeral da Unión do Povo Galego[1] até que dimitiu do seu posto cando en 1986 a UPG aceptou a participación do BNG no Parlamento Galego. Xunto con 13 membros do seu Comité Central, liderados por el mesmo e por Xan Carballo, secretario xeral da INTG, deixaron o partido, constituíndo o Colectivo Comunista 22 de marzo, que o 25 de xullo de 1986 se transformou no Partido Comunista de Liberación Nacional. A III Asemblea Nacional do BNG expulsou o PCLN porque pedían o voto para Herri Batasuna nas eleccións europeas.

En 1987 o PCLN e Galiza Ceive-OLN xunto con outras organizacións menores de carácter local como os Colectivos Nacionalistas de Trasancos e Vigo, Grupos Independentistas Galegos de Compostela e o colectivo Iskeiro de Ferrol, formaron a FPG que celebrou a súa asemblea constituínte en xuño de 1988. A presentación pública da Fronte prodúcese o 10 de marzo de 1988, da que se converteu no seu Portavoz Nacional dende aquela até hoxe.

Encabezou a lista da Alternativa Canguesa de Esquerdas nas municipais do ano 2007 e 2011 acadando, en ambas as dúas o posto de concelleiro.

Tralo pacto de goberno do ano 2007 da Alternativa Canguesa de Esquerdas co BNG e PSOE desempeñou o cargo de Concelleiro de Urbanismo, condición para asinar o pacto, polo interese da FPG na loita contra o porto deportivo de Massó. A ruptura do pacto en 2009 colocouno na oposición no concello de Cangas.

Nas municipais de 2015 formou parte da lista de Alternativa Canguesa de Esquerda, encabezada por Xosé Manuel Pazos, acadando 4 concelleiros e ocupando o posto de concelleiro de urbanismo, patrimonio e facenda.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]