Araceli Gestido
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 14 de xullo de 1978 Ameixoada |
| 2023 – ← Victoria Portas | |
| Datos persoais | |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Actividade | |
| Ocupación | política |
| Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Araceli Gestido Rodríguez, nada en Ameixoada (Moaña) o 14 de xullo de 1978, é unha política galega do BNG, actual alcaldesa do Concello de Cangas.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Ciencias Políticas. Emigrou ao Reino Unido onde sacou o carné profesional de autobuses. Traballa nunha empresa de transporte como responsable de calidade e atención ao cliente. Nas eleccións municipais de 2015 foi elixida concelleira de Moaña polo BNG e foi delegada de Benestar Social no goberno presidido por Leticia Santos Paz, pero dimitiu en 2016. Vive en Cangas dende o 2016. Nas eleccións municipais de 2023 encabezou a candidatura do BNG[2][3] e foi elixida alcaldesa de Cangas grazas ao apoio de PSOE, Esquerda Unida e Alternativa dos Veciños.[4][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Carballa, Xan (6 de outubro de 2023). "Araceli Xestido, alcaldesa de Cangas (BNG): "Ante a parálise política, proporei sempre o acordo, sexa en orzamentos ou urbanismo"". Nós Diario. Consultado o 26 de febreiro de 2026.
- ↑ "Araceli Gestido candidata do BNG á alcaldía de Cangas". A Nova Peneira. 9 de febreiro de 2023.
- ↑ "Prefiero la sonrisa para las personas y la dureza la dejo para la Administración". Faro de Vigo (en castelán). 23 de maio de 2023.
- ↑ Llera, L.C. (30 de maio de 2023). "Araceli Gestido (BNG) albisca un cuadripartito en Cangas: «Imos superar malos rollos»". La Voz de Galicia. Consultado o 26 de febreiro de 2026.
- ↑ Calvo, Juan (18 de xuño de 2023). "Araceli Gestido, nueva alcaldesa de Cangas" (en castelán). Consultado o 18 de novembro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]| Predecesor: Victoria Portas |
Alcaldesa de Cangas 2023 - actualidade |
Sucesor: no cargo |