Marianne Faithfull

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Marianne Faithfull
Marianne Faithfull 2007.jpg
Nome completoMarianne Evelyn Gabriel Faithfull
Nacemento29 de decembro de 1946
 Hampstead
NacionalidadeReino Unido
Ocupaciónactriz, cantante, autobiógrafa, autora de diarios, actriz de cinema, recording artist e compositora de cancións
NaiEva von Sacher-Masoch
IrmánsSimon Faithfull
editar datos en Wikidata ]

Marianne Evelyn Gabriel Faithfull, nada en Hampstead (Londres) o 29 de decembro de 1946, é unha cantante, compositora e actriz inglesa. Acadou popularidade na década de 1960 coa publicación do seu éxito "As Tears Go By"[1] e converteuse nunha das artistas femininas principais durante a British Invasion dos Estados Unidos.

Faithfull comezou a súa carreira en 1964 tras asistir a unha festa de The Rolling Stones, onde foi descuberta por Andrew Loog Oldham. Trala publicación do sinxelo "As Tears Go By", converteuse nunha estrela internacional. O seu álbum debut Marianne Faithfull (1965) (publicado simultaneamente co seu álbum Come My Way) foi un éxito comercial ao que seguiron varios álbums en Decca Records. Entre 1966 e 1970, mantivo unha publicitada relación con Mick Jagger. A súa popularidade aumentou cos seus papeis no cinema, como en I'll Never Forget What's'isname (1967), The Girl on a Motorcycle (1968) e Hamlet (1969). Porén, a súa fama foi superada polos problemas persoais da década de 1970. Nese tempo foi anoréxica, sen fogar e adicta á heroína.[2]

Coñecida pola súa distintiva voz, a anteriormente melodiosa e con rexistros vocais altos de Faithfull (que prevalecían na súa carreira na década de 1960) foi afectada por unha larinxite severa, mesturada co abuso das drogas, alterando permanentemente a súa voz, deixándoa áspera, crabada e ton máis baixo. Este novo son foi eloxiado como "empapado en whisky" por algúns críticos por axudar a capturar as crúas emocións expresadas pola súa música.[2]

Tras unha longa ausencia comercial, Faithfull volveu coa estrea en 1979 do aclamado álbum Broken English. O disco foi un éxito comercial e marcou un rexurdimento da súa carreira musical. Broken English valeulle a Faithfull unha candidatura ao Grammy á mellor interpretación feminina de rock e adoita ser recoñecido como a súa "gravación definitiva". Tamén escribiu tres libros sobre a súa vida, Faithfull: An Autobiography (1994), Memories, Dreams & Reflections (2007) e Marianne Faithfull: A Life on Record (2014).

Faithfull apareceu na listaxe de VH1 das "100 Grandes Mulleres do Rock and Roll". Recibiu o World Lifetime Achievement Award no Women's World Award 2009 e foi nomeada Commandeur da Ordre des Arts et des Lettres polo goberno de Francia.

Discography[editar | editar a fonte]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Filme Personaxe Notas
1966 Made in U.S.A Ela mesma, cantando nun café
1967 Anna Moza nun baile Telefilme
I'll Never Forget What's'isname Josie Faithfull foi a primeira persoa que dixo "fuck" nun filme comercial dun estudio
1968 The Girl on a Motorcycle Rebecca
1969 Hamlet Ofelia
1971 The Stronger Telefilme con Britt Ekland, dirixido por Patrick Garland
1972 Lucifer Rising Lilith Curtametraxe
1974 Ghost Story Sophy Kwykwer
1975 Assault on Agathon Helen Rochefort
1992 The Turn of the Screw Narradora
1993 When Pigs Fly Lilly
1994 Shopping Bev
1995 Moondance Nai Tamén puxo a voz para "Madam George"
1996 Crimetime Cantante de club
2001 Intimacy Betty
Far from China Helen
Absolutely Fabulous Deus Serie de televisión, episodios "The Last Shout: Part 1" (1996), "The Last Shout: Part 2" (1996) e "Donkey" (2001)
2004 A Letter to True Narradora Documental escrito e dirixido por Bruce Weber, estreado no Reino Unido en 2008
2006 Paris, je t'aime Marianne Episodio "Le Marais"
Marie Antoinette Emperatriz María Tareixa
2007 Irina Palm Maggie Candidata ao Premio do Cinema Europeo á mellor actriz
2011 Faces in the Crowd Dr. Langenkamp
2012 Belle du Seigneur Mariette
2013 Who Do You Think You Are? Ela mesma Serie de televisión, temporada 10, capítulo 9

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 2,0 2,1 Faithfull, Marianne. Faithfull: An Autobiography Boston: Little, Brown; 1994. ISBN 0-316-27324-4

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]