Gian Maria Volonté

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGian Maria Volonté

(2008) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de abril de 1933 Editar o valor em Wikidata
Milán (Italia) Editar o valor em Wikidata
Morte6 de decembro de 1994 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Florina, Grecia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
ResidenciaVelletri (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeItalia (1946–1994)
Reino de Italia (1933–1946) Editar o valor em Wikidata
EducaciónAcademia Nacional de Artes Dramáticas Silvio D'Amico (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor , guionista , actor de cinema Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1957 Editar o valor em Wikidata -
Partido políticoPartido Comunista Italiano
Partido Democrático da Esquerda (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoWéstern e cinema militante (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
Familia
ParellaAngelica Ippolito (pt) Traducir
Armenia Balducci Editar o valor em Wikidata

Páxina webgianmariavolonte.it Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0002231 Allocine: 145 Allmovie: p73811 TCM: 199602
Discogs: 1031915 WikiTree: Volonté-2 Find a Grave: 14157288 Editar o valor em Wikidata

Gian Maria Volonté, nado en Milán o 9 de abril de 1933 e finado en Florina, Grecia, o 6 de decembro de 1994, foi un actor italiano. Fíxose célebre pola súa interpretación como o principal antagonista nos filmes de Sergio Leone Por un puñado de dólares e Per qualche dollaro in più. Foi considerado un dos mellores actores europeos do seu tempo pola súa capacidade de afondar na personalidade das súas personaxes.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Volonté licenciouse na Academia das Artes Dramáticas de Roma en 1957.[1] Tivo unha breve carreira actuando na televisión e en obras de Shakespeare e Goldoni antes de centrarse no cinema.

Debutou en 1960 con Sotto dieci bandiere, dirixido por Duilio Coletti. Despois participou por razóns económicas en dous filmes que nunca considerou serios, dirixidos por un director entón pouco coñecido, Sergio Leone. Porén, a súa actuación magistral en personaxes memorables aínda que neuróticas, xunto co inesperado éxito mundial dos filmes deulle fama internacional. Volonté xa fixera algunhas comedias, entre outras A cavallo della tigre de Luigi Comencini, e amosara a súa versatilidad en L'armata Brancaleone en 1966. Non obstante atopou a súa vocación en roles dramáticos como Banditi a Milano, de Carlo Lizzani; Sbatti il mostro in prima pagina de Marco Bellocchio, La classe operaia va in paradiso de Elio Petri e Il sospetto de Francesco Maselli.

En 1968 gañou un Nastro d'Argento como mellor actor por A ciascuno il suo, tamén dirixido polo seu amigo Elio Petri. Recibiu o mesmo premio noutras dúas ocasións: a primeira por Indagine su un cittadino al di sopra di ogni sospetto de 1970, dirixido por Petri, filme que gañou un premio Óscar, e considerado por moitos como o seu mellor filme; e a segunda por L'oeuvre au noir, dirixido por André Delvaux. En 1983 gañou o premio ao mellor actor no Festival de Cannes por La morte di Mario Ricci. Catro anos despois, no Festival de Berlín, gañou tamén como mellor actor por Il caso Moro,[2] outra proba excepcional das súas capacidades miméticas. En 1990 recibiu o David di Donatello por Porte aperte. En 1991, o Festival de Venecia outorgoulle o León de Ouro de honra pola súa carreira.[3]

Volonté tamén tivo papeis salientables fóra de Italia. En 1993 rodou na Arxentina Funes, un gran amor, xunto a Graciela Borges e baixo a dirección de Raúl de la Torre.

Faleceu por mor dun infarto[4] o 6 de decembro de 1994 en Florina, Grecia, onde se atopaba filmando To Vlemma tou Odyssea, de Theo Angelopoulos. O seu papel pasou a Erland Josephson. Padeceu cancro de pulmón durante catorce anos.[5][6] Segundo os seus desexos, a tumba de Volonté está nun pequeno cemiterio na illa sarda de La Maddalena.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Volonté foi un forte activista político e foi coñecido polas súas tendencias pro-comunistas. En 1981, axudou a Oreste Scalzone a fuxir da súa captura de Italia a Dinamarca.[7] Foi parella da actriz italiana Carla Gravina durante case 10 anos despois de coñecerse cando interpretaban Romeo e Xulieta nunha produción teatral en 1960. Os dous tiveron unha filla Giovanna, nacida a principios dos anos 60. A actriz Angelica Ippolito foi a súa parella desde 1977 ata a morte del.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. López, Fernando (7 de xaneiro de 2003). "Gian Maria Volonté, el camaleón" (en castelán). La Nación. Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2017. Consultado o 10 de decembro de 2017. 
  2. "Berlinale: 1987 Prize Winners". berlinale.de. Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2015. Consultado o 27 de febreiro de 2011. 
  3. "Official Awards of the 48th Mostra". labiennale.org. Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2019. Consultado o 28 de xaneiro de 2021. 
  4. Tagliabue, John (7 de decembro de 1994). "Gian Maria Volonte Dies at 61; A Prize-Winning Italian Actor". The New York Times (en inglés). 
  5. Marín, Karmentxu (7 de decembro de 1994). "El actor Gian Maria Volonté fallece mientras rodaba un filme en Grecia" (en castelán). El País. Consultado o 10 de decembro de 2017. 
  6. Tirri, Néstor (9 de xaneiro de 2003). "Homenaje al formidable Volontè" (en castelán). La Nación. Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2017. Consultado o 10 de decembro de 2017. 
  7. "SCALZONE: ' MI FECE SCAPPARE DALL' ITALIA'". La Repubblica. 7 de decembro de 1994. Consultado o 12 de xaneiro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]