Mar López Sotelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMar López Sotelo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento31 de maio de 1961 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Monforte de Lemos, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidad Nacional de Educación a Distancia
Universidade das Palmas de Gran Canaria Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióneducadora social , escritora , investigadora , fotografía Editar o valor em Wikidata

Facebook: mar.lopezsotelo Instagram: marlopezsotelo Editar o valor em Wikidata

María del Mar López Sotelo, nada en Monforte de Lemos o 31 de maio de 1961, é unha escritora, investigadora, comisaria de exposicións e fotógrafa galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É Diplomada en Educación Social pola UNED, Máster de Doutoramento en Tratamento Educativo da Diversidade pola UNED e Posgrao Teoría e Práctica para profesores de Formación e Orientación Laboral (FOL) pola Universidade das Palmas de Gran Canaria.

Foi Educadora Social nas Palmas de Gran Canaria e en 2024 tamén xestora Cultural da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pantón. Ten participado en cursos e palestras sobre educación e diversidade. É Directora da Área de Historia e Antropoloxía no Instituto Europeo Campus Stellae de Santiago desde 2021.[1]

É Directora do programa cultural “Charlas con Mar” de Radio Monforte,[2] colaboradora de EnComún[3], do Xornal de Lemos[4], da revista Aturuxo (Casa Galicia das Palmas de Gran Canaria) e da revista Anduriña (Lar Gallego de Sevilla).

É a creadora do termo "Esgrafiado Estilo Galego", investigadora, estudosa e fotógrafa dos Esgrafiados (decoración das fachadas con deseños feitos a base de cal) na Ribeira Sacra e no Camiño de Santiago. Traballou para a inclusión dos termos "Esgrafiado" e "Esgrafiar" no DIGALEGO[5] e o recoñecemento como "arte propia" pola Real Academia Galega de Belas Artes.[6] [7] [8] Leva fotografados preto de mil esgrafiados.[9] É comisaria de exposicións e ten unha fixa no Museo Etnográfico Liste de Vigo desde 2017.[10]

En 2024 colaborou activamente na Primeira Xornada Antropolóxica do Esgrafiado Galego no CIMAR do Xeoparque Montañas do Courel Unesco.

Obra[editar | editar a fonte]

Libros colectivos[editar | editar a fonte]

  • Sampil Sánchez, E. at Col. (2022) "Circulando polo Saviñao IV. En busca de esgrafiados por o Saviñao" pp 225-238. Lugo: Colectivo Egeria. ISBN 978-84-09-44388-8.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Instituto Europeo Campus Stellae - Centro de formación". Instituto Europeo Campus Stellae (en castelán). Consultado o 2024-01-03. 
  2. "Red Ribeira Sacra. Estudios Etnográficos.: PRENSA RADIO y TELEVISIÓN ARTÍCULOS". Red Ribeira Sacra. Estudios Etnográficos. Consultado o 2024-01-03. 
  3. "Esgrafiado gallego: un museo al aire libre". EnComún (en castelán). 2023-02-02. Consultado o 2024-01-03. 
  4. Fernández, Ana Belén (2019-02-10). "Esgrafiados da Ribeira Sacra, charujas, o segredo mellor gardado dos canteiros". Xornal de Lemos. Consultado o 2024-01-03. 
  5. "Esgrafiado -da". digalego. 
  6. "Os esgrafiados da Ribeira Sacra, en Chantada". www.lavozdegalicia.es. Consultado o 2024-01-03. 
  7. Lugo, El Progreso de (2018-07-21). "Los últimos esgrafiados". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2024-01-03. 
  8. "Mar López Sotelo desgrana los secretos de los esgrafiados que descubrió en la Ribeira Sacra". La Voz de Galicia (en castelán). 2023-12-25. Consultado o 2024-01-03. 
  9. Región, La (2021-12-27). "La Indiana Jones de las aldeas de la Ribeira Sacra". La Región (en castelán). Consultado o 2024-01-03. 
  10. "Los esgrafiados de la Ribeira Sacra, en una exposición en el Museo Liste de Vigo". La Voz de Galicia (en castelán). 2017-05-19. Consultado o 2024-01-08. 
  11. asociacionescritoras-es (2024-01-03). "A Coruña: presentación de Esgrafiado Galego. un Museo ao Aire Libre, de Mar López Sotelo Axenda cultural AELG::". Consultado o 2024-01-03. 
  12. Núñez, Chema (2023-11-15). "Pantón, "la tierra que adoro", el lugar elegido para presentar el nuevo libro de Mar López Sotelo". COPE (en castelán). Consultado o 2024-01-03. 
  13. Región, La (2023-12-28). ""Esgrafiado gallego", un viaje a través del arte en Caldelas". La Región (en castelán). Consultado o 2024-01-08. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]