Saltar ao contido

María de Calabria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «María de Nápoles»)
Modelo:BiografíaMaría de Calabria

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de maio de 1329 Editar o valor en Wikidata
Nápoles, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte20 de maio de 1366 Editar o valor en Wikidata (37 anos)
Nápoles, Italia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortetrastorno puerperal Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de Santa Clara (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónemperatriz consorte Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRaíña Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Anjou-Sicilia Editar o valor en Wikidata
CónxuxeFilipe II de Tarento (1355, 1355 (Gregoriano)–1366)
Robert of Baux (1348 (Gregoriano)–)
Charles, Duke of Durazzo (1343, 1343 (Gregoriano)–1348) Editar o valor en Wikidata
FillosJoanna, Duchess of Durazzo
 () Charles, Duke of Durazzo
Inés de Durazzo
 () Charles, Duke of Durazzo
Margarida de Durazzo
 () Charles, Duke of Durazzo Editar o valor en Wikidata
PaisCarlos de Calabria Editar o valor en Wikidata  e María de Valois Editar o valor en Wikidata
IrmánsXoana I de Nápoles
Charles Martel Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Anjou-Sicile-1

María de Anjou, coñecida como María de Calabria, nada en Nápoles o 6 de decembro de 1328 e finada en Nápoles o 20 de maio de 1366, foi a primeira consorte de Filipe II de Tarento, Emperador latino de Constantinopla; foi condesa de Alba e, polos matrimonios contraídos, tamén condesa de Durazzo, señora de Baux e condesa de Avelino, emperatriz titular de Constantinopla e princesa de Acaia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

María era a quinta filla e póstuma de Carlos de Calabria (1298-1328) (fillo máis vello do rei Roberto o Prudente), e da súa segunda esposa María de Valois (1309-1332) (irmá do rei Filipe VI de Francia). Naceu aproximadamente seis meses despois da morte do seu pai, o 9 de novembro de 1328[1]. No momento do seu nacemento, das súas tres irmás máis vellas e dun irmán, só Xoana, nada en marzo de 1328, estaba viva. Dous anos máis tarde, o 23 de outubro de 1331, María de Valois morreu durante unha peregrinación a Bari, deixando orfas a María e á súa irmá máis vella (agora herdeira do trono de Nápoles)[2]. Ambas foron criadas na corte do seu avó paterno, o rei Roberto, en Nápoles.

Por unha bula datada o 30 de xuño de 1332, o Papa Xoán XXII decretou oficialmente que María e a súa irmá máis vella casarían cos fillos do rei de Hungría, Carlos Roberto: Xoana foi comprometida con André, mentres que María foi destinada ao seu irmán máis vello e herdeiro do trono húngaro, Lois; porén, este compromiso fíxose baixo a condición que se Xoana morría antes de que o seu matrimonio puidese ser consumado, entón María casaría con André[3]. Desta maneira, o rei Roberto quería reconciliar a súa liña de sangue cos descendentes do seu irmán máis vello, privado da coroa de Nápoles ao seu favor.

O rei morreu o 20 de xaneiro de 1343. Polas disposicións da súa vontade, a súa irmá máis vella Xoana converteuse no gobernante de Nápoles, mentres que a María non só se lle deu o condado de Alba e unha vasta herdanza[4], senón tamén se confirmou o seu compromiso co príncipe Lois de Hungría, ou no caso de que esta unión nunca se levase a cabo, o rei instruíu entón que ela podería casar con Xoán, duque de Normandía, herdeiro do trono francés (aínda que el estaba xa casado desde 1332)[5].

Primeiro matrimonio

[editar | editar a fonte]

Con todo, pouco despois da morte do seu avó, María foi secuestrada por Inés de Périgord, viúva de Xoán, duque de Durazzo. Inés arranxou o matrimonio de María co seu fillo, Carlos, duque de Durazzo. O matrimonio tivo lugar o 21 de abril de 1343, a noiva de case catorce anos e o noivo de vinte. Tiveron cinco fillos:

Carlos e María encabezaron unha facción que se opuña á raíña Xoana e ao seu segundo marido, Lois de Tarento. Fronte á invasión de Lois I de Hungría, que chegou ao reino para vingar a morte do irmán, Xoana e Lois fuxiron: o 15 de xaneiro de 1348, Carlos foi nomeado tenente xeneral e gobernador do Reino de Nápoles, aparentemente vira a oportunidade de reclamar o poder na súa ausencia. Pero foi capturado por Lois nas proximidades de Aversa o 23 de xaneiro de 1348: considerado como responsábel da morte de André, foi axustizado por decapitación fronte á Igrexa de San Pietro a Maiella. O seu período de poder durou menos dunha semana e María converteuse en viúva con só 19 anos.

Segundo matrimonio

[editar | editar a fonte]

Coa morte de Carlos, María fuxiu a Aviñón. Buscou refuxio na corte do Papa Clemente VI. En 1348, a Peste negra chegou á Península itálica, obrigando ao rei de Hungría e á maioría do seu exército a retirarse á súa patria coa esperanza de escapar da propagación da epidemia. María regresou a Nápoles e estableceuse no Castel dell'Ovo. Segundo a Crónica partenopea, os príncipes napolitanos que o rei Lois de Hungría encarcerara durante a súa primeira campaña no sur de Italia propuxéronlle casar con María, a súa anterior noiva. Durante o cerco de Aversa no verán de 1350, Lois atopouse co seu enviado en Trentola-Ducenta e aceptáronse as capitulacións do seu matrimonio. Con todo, antes de que o matrimonio puidese ter lugar, foi secuestrada de novo, esta vez por Hugo IV, señor de Baux e conde de Avelino, que obrigou a María a casar co seu fillo máis vello e herdeiro, Roberto[6]. Non tiveron fillos.

Hugo IV foi asasinado por orde do cuñado de María, Lois de Tarento, en 1351. Dous anos máis tarde (1353), María foi finalmente rescatada polo rei Lois de Hungría, pero o seu esposo Roberto foi capturado e encarcerado por Lois de Tarento en Castel dell'Ovo, onde foi asasinado polas súas ordes. Ao parecer, foi testemuña do asasinato de primeira man[7].

Terceiro matrimonio

[editar | editar a fonte]

Pouco despois da morte do seu segundo esposo, María foi novamente encarcerada, esta vez por Lois de Tarento, e foi liberada só despois do seu matrimonio, en abril de 1355, con Filipe II de Tarento, o irmán máis novo de Lois. Tiveron cinco fillos, todos os cales morreron novos[8][9]:

  • Filipe de Tarento (1356).
  • Carlos de Tarento (1358).
  • Filipe de Tarento (nado e morto en 1360).
  • Nado morto (1362).
  • Nado morto (1366)..

No seu testamento, Roberto de Nápoles nomeou a María herdeira do reino de Nápoles no caso de que Xoana I morrese sen fillos. Cando María morreu en 1366, as súas pretensións pasaron ás súas tres fillas sobreviventes, das cales o marido da terceira reclamou finalmente o trono de Nápoles en 1382 como Carlos III[10]. María morreu aos 37 anos, probabelmente por complicacións de parto, e foi enterrada na Basílica de Santa Clara en Nápoles.

Devanceiros

[editar | editar a fonte]

Árbore xenealóxica

[editar | editar a fonte]
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Carlos I de Nápoles
 
 
 
 
 
 
 
8. Carlos II de Nápoles
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Beatriz da Provenza
 
 
 
 
 
 
 
4. Roberto I de Nápoles
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Estevo V de Hungría
 
 
 
 
 
 
 
9. María de Hungría
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Isabel a Cumana
 
 
 
 
 
 
 
2. Carlos, Duque de Calabria
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Xaime I de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
10. Pedro III de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. Violante de Hungría
 
 
 
 
 
 
 
5. Violante de Aragón e Sicilia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Manfredo de Sicilia
 
 
 
 
 
 
 
11. Constanza de Sicilia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Beatriz de Savoia
 
 
 
 
 
 
 
1. María de Calabria
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Lois IX de Francia
 
 
 
 
 
 
 
12. Filipe III de Francia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Margarida da Provenza
 
 
 
 
 
 
 
6. Carlos, conde de Valois
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Xaime I de Aragón (=20)
 
 
 
 
 
 
 
13. Isabel de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Violante de Hungría (=21)
 
 
 
 
 
 
 
3. María de Valois
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Guy III, Conde de Saint-Pol
 
 
 
 
 
 
 
14. Guy IV, Conde de Saint-Pol
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29. Matilde de Brabante, Condesa de Artois
 
 
 
 
 
 
 
7. Mahaut de Châtillon-Saint Pol
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
30. Xoán II da Bretaña
 
 
 
 
 
 
 
15. María da Bretaña, Condesa de Saint-Pol
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
31. Beatriz de Inglaterra
 
 
 
 
 
 
  1. Émile-G. Léonard: Histoire de Jeanne Ire, reine de Naples, comtesse de Provence (1343-1382): La jeunesse de la reine Jeanne, t. I, Paris et Monaco, Auguste Picard, coll. « Mémoires et documents historiques », 1932, 730 p., p. 110.
  2. Émile-G. Léonard: Histoire de Jeanne Ire, reine de Naples, comtesse de Provence (1343-1382): La jeunesse de la reine Jeanne, t. I, Paris et Monaco, Auguste Picard, coll. « Mémoires et documents historiques », 1932, 730 páxs., páx. 142
  3. Nancy Goldstone: Joanna: The Notorious Queen Of Naples, Jerusalem And Sicily[1] [visitado 7 de xaneiro de 2015].[1]
  4. Modelo:MLCC
  5. Francesca Steele: The Beautiful Queen: Joanna I of Naples[2], atopado 7 de xaneiro de 2015 [2]
  6. Aínda que nalgunhas fontes parece que este matrimonio tivo catro fillos – Ramón III, Francisco, Phanette e Ettienette de Baux - eran irmáns de Roberto e non os seus fillos. O matrimonio de Ramón III con Jeanne de Montfort en 1358 apoia desde un punto de vista cronolóxico este punto de vista. Fonte: Genealogy of the Family do Balzo (de Baux) at. genmarenostrum.com [atopado o 8 de xaneiro de 2015].
  7. Mihail-Dimitri Sturdza, Dictionnaire historique et Généalogique des grandes familles de Grèce, d'Albanie et de Constantinople (1983), páx. 504.
  8. Modelo:MLCC
  9. Genealogy of the House of Anjou at. genmarenostrum.com [atopado 8 de xaneiro de 2015].
  10. Marcelle-René Reynaud, Le temps des princes: Louis II & Louis III d’Anjou-Provence 1384-1434, Collection d’histoire et d’archéologie médiévales 7 (Lyon, France: Presses Universitaires, 2000), páxs. 20-21.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Matteo Camera, Elucubrazioni storico-diplomatiche su Giovanna I regina dei Napoli e Carlo III dei Durazzo, Salerno 1889;
  • F. Cerasoli, Clemente VI e Giovanna I dei Napoli, in "Archivio storico per le provincie napoletane, XXI (1896), pp. 7 e ss., pp. 469 e ss., pp. 686 e ss.;
  • E-G. Léonard, Histoire de Jeanne Ière, 2 vol., Mónaco-París 1932.
  • E-G. Léonard, Les Angevins de Naples, París 1954.