Alba, Piemonte
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Coordenadas: 44°42′N 8°2′L / 44.700, -8.033
Alba é un concello italiano da provincia de Cuneo, na rexión de Piemonte, a carón do río Tanaro. No ano 2001 tiña 29 759 habitantes
Historia[editar | editar a fonte]
Foi fundada polo cónsul romano Pompeius Strabo co nome de Alba Pompeia. Aquí naceu o emperador Pertinax.
Na Idade Media foi conquistada polos longobardos e os árabes. No século XII convértese nunha comuna, uníndose á Liga Lombarda. Na Idade Moderna foi disputada por España e Francia. Polo Tratado de Cherasco entrou definitivamente no reino de Savoia
Arquitectura[editar | editar a fonte]
Da época romana quedan os restos dunha porta fortificada romana e restos de mosaicos e mármores. O Palazzo Comunale é do século XIII, e a catedral é do século XV.