Manuela Rey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuela Rey
Imaxe de Manuela Rey.jpg
Nacemento1 de outubro de 1842
LugarSan Vicente de Trigás
Falecemento26 de febreiro de 1866
LugarPraça da Figueira
CausaTifo
SoterradoCemitério dos Prazeres
NacionalidadeEspaña e Portugal
Profesiónactriz de teatro
editar datos en Wikidata ]

María Manuela Ramona Rey González ou Manuela Lopes Rey, nada en San Vicente de Trigás, Mondoñedo, o 1 de outubro de 1842 e finada no seu domicilio na Praça da Figueira de Lisboa o 26 de febreiro de 1866, foi unha actriz de teatro galego-portuguesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi a máis vella dos oito fillos de Andrés Rey Expósito e Francisca González, que casaron despois de nacer Manuela, en marzo de 1843.[1] Segundo o libro Manuela Lopes Rey, número 3 da colección Os contemporaneos, editado sobre 1867, foi entregada en adopción a unha familia que formaba parte dunha compañía dramática itinerante. Trasladáronse, sendo Manuela moi nova, a Portugal. Segundo a Grande Enciclopédia Portuguesa e Brasileira o apelido "Lopes" venlle da súa nai adoptiva.

En novembro de 1857 comezou a traballar no Teatro Nacional D. Maria II de Lisboa,[2][3][4] onde triunfou en títulos como O filho do cego, A alegria traz o susto, Os homens sérios, Os fidalgos do Bois Doré, Fogo no convento, Vida de um rapaz pobre, Nobres e plebeus e Um cura de almas.

Houbo o rumor de que o rei Pedro V, antes de casar coa princesa Estefanía de Hohenzollern-Sigmaringen, sentiu gran debilidade por ela.[1]

Escribiu algunhas obras como a comedia A actriz e o proverbio Por este deixarás pae e mãe.

Finou de tifo no seu domicilio na Praça da Figueira e, tras un multitudinario cortexo fúnebre, foi soterrada no Cemitério dos Prazeres.[1]

Dionisio Gamallo Fierros foi un dos seus biógrafos.[5][6]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

María Manuela Ramona Rey González. 
Manuela Lopes Rey en Retratos de portugueses do século XIX.[7] 
Os contemporaneos: Manuela Lopes Rey, publicado en Lisboa. 
Nota necrolóxica en El Miño (Vigo) o 1/4/1866, n. 935, p. 2. 
Elegia por occasião da sentida morte de Manuela Rey por Ernesto Marecos. 
Gravado, obra de Pastor, publicado en 1904 en O Grande Elias.[8] 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Reigosa Carreiras 2017.
  2. "Rey González, María Manuela". Diccionario enciclopédico galego universal 52. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 120. ISBN 84-7680-429-6. 
  3. "Rey González, María Manuela". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 162-163. 
  4. "Rey González, María Manuela". Enciclopedia Galega Universal 14. Ir Indo. 1999-2002. p. 430. ISBN 84-7680-288-9. 
  5. Gamallo Fierros, D. (9/10/1960). "Lugo en Lisboa hace 100 años. Manuela Rey, Pedro V y Pastor Díaz, una actriz dramática, un monarca y un embajador". El Progreso (en castelán). pp. 15–16. 
  6. Gamallo Fierros, D. (19/11/1960). "Más sobre Manuela Rey González, la actriz mindoniense que enamoró a Pedro V de Portugal". El Progreso (en castelán). pp. 8 e 4. 
  7. Retratos de portugueses do século XIX p. 54.
  8. Oscar May 1904.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]