Manuel Suárez Castro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuel Suárez Castro
Manuel Suárez Castro 1936.jpg
Nacemento 6 de outubro de 1889
  Ourense
Falecemento 28 de xullo de 1937
  Ourense
Nacionalidade España
Ocupación político
editar datos en Wikidata ]

Manuel Suárez Castro, nado en Ourense o 6 de outubro de 1889 e finado na mesma cidade o 27 de xullo de 1937, foi un político socialista galego, alcalde da súa cidade natal.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De profesión mestre de obras. Foi un destacado dirixente da Unión General de Trabajadores na provincia de Ourense e militante do Partido Socialista Obrero Español, durante o primeiro bienio da Segunda República Española foi Tenente de Alcalde e deputado provincial. Co triunfo do Frente Popular nas eleccións de febreiro de 1936, foi elixido Alcalde. De orientación moderada, próximo á liña de Indalecio Prieto, salientouse polas melloras na prestación de servizos do hospital provincial que ampliaron a gratuidade e calidade da asistencia.

Golpe de estado e asasinato[editar | editar a fonte]

Despois do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, pasou algunhas semanas refuxiado na casa duns amigos até que foi detido. Inculpado e procesado o 11 de decembro de 1936, a petición do fiscal foi a de morte. Foi xulgado en consello de guerra o 23 de marzo de 1937, ó mesmo tempo ca outros políticos e funcionarios da provincia, imputándoselle ironicamente o delito de rebelión militar, coas circunstancias modificadoras de perversidade e transcendencia[1]. Foille aplicada a pena de morte e fusilárono o 27 de xullo de 1937, no Campo de Aragón.


Predecesor:
Rogelio Núñez de Couto
 Escudo de Ourense.svg
Alcalde de Ourense
 
1936
Sucesor:
Marcelino Mira Cecilia

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]