Marcelino Otaduy Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMarcelino Otaduy Vázquez
Biografía
Nacemento1898 Editar o valor em Wikidata
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Morte1990 Editar o valor em Wikidata (91/92 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolicía , avogado Editar o valor em Wikidata

Marcelino Otaduy Vázquez, nado en Ferrol cara a 1898 e finado en Madrid en 1990, foi un policía e avogado galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Marcelino Otanduy Aróspide, dono dunha pastelería en Ferrol que despois trasladou a Santiago de Compostela, e María Vázquez. Axente de policía destinado en Donostia en 1925, pasou a Santiago de Compostela en 1930.[1] Foi destinado a Madrid en setembro de 1932,[2] e volveu a Compostela en marzo do ano seguinte.[3] Foi destinado en comisión de servizos a Irún en xullo de 1934,[4] e a Goián en outubro dese ano.[5] A principios de 1936 estaba destinado en Pontevedra,[6] e no verán dese ano en Ourense. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi xulgado en consello de guerra presidido por Ambrosio Feijoo Pardiñas no que actuou como fiscal Joaquín Otero Goyanes o 23 de marzo de 1937, con Anselmo López García, Marcial García Barros, Manuel Suárez Castro, Eduardo París Villar, Antonio Taboada Nóvoa e Higinio López Barrio.[7] Foi condenado por auxilio á rebelión a doce anos e un día de prisión. Rematou a carreira de Dereito a principios dos anos cuarenta. En 1942 abríronlle expediente de responsabilidades políticas e satisfeita a sanción, recuperou a libre disposición dos seus bens en maio de 1942.[8] No franquismo exerceu como avogado en Madrid. Finou en Madrid en 1990.[9]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Compostela con Concepción Rodríguez en 1948.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Compostelano, 7-6-1930, p. 2.
  2. El Compostelano, 15-9-1932, p. 2.
  3. El Compostelano, 28-3-1933, p. 2.
  4. El Pueblo Gallego, 17-7-1934, p. 10.
  5. El Compostelano, 1-10-1934, p. 2.
  6. El Compostelano, 2-1-1936, p. 2.
  7. La Región, 24-3-1937, p. 3.
  8. BOE, 4-5-1942, p. 2144.
  9. ABC, 9-12-1990, p. 117.
  10. La Noche, 13-7-1948, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]