Eduardo París Villar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEduardo París Villar
Biografía
Nacemento1909 Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Morte27 de xullo de 1937 Editar o valor em Wikidata (27/28 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Eduardo París Villar, nado en Ourense en 1909 e finado na mesma cidade o 27 de xullo de 1937, foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Silvio París Fernández, almacenista de Ourense. Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela, rematando en 1931. Militante de Izquierda Republicana e presidente da agrrupación local de IR de Ourense, foi nomeado Delegado de Traballo en Ourense en xaneiro de 1936,[1] e dimitiu do cargo en marzo dese ano.[2] Foi asesor de Fructuoso Manrique Martín cando sesempeñou o cargo de gobernador civil interino e despois do gobernador Gonzalo Martín March. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na organización da resistencia baixo as ordes do gobernador Gonzalo Martín estendendo autorizacións para o uso de armas. O gobernador civil Manuel Quiroga Macía ordenou verbalmente a súa detención ao capitán da Garda Civil Juan Ros o 25 de agosto despois de que o deixasen pasr por Verín. O Vehículo, no que viaxaba coa súa irmá, foi detido en Pobra de Seabra e Eduardo déuse á fuga. Foi localiozado e detido por varios axentes de policía desprazados dende Ourense. Foi xulgado en consello de guerra presidido por Ambrosio Feijoo Pardiñas no que actuou como fiscal Joaquín Otero Goyanes o 23 de marzo de 1937, con Marcial García Barros, Anselmo López García, Marcelino Otaduy Vázquez, Manuel Suárez Castro, Antonio Taboada Nóvoa e Higinio López Barrio.[3] Condenado a pena de morte foi fusilado o 27 de xullo de 1937 no Campo de Aragón xunto con Manuel Suárez, Ramón Figueiras Añel, José González González, Antonio Colmenero Villamarín, Camilo Gago González, Antonio Taboada e Higinio López.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 15-1-1936, p. 8.
  2. La Región, 21-3-1936, p. 1.
  3. La Región, 24-3-1937, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]