Beatriz Molinos
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1964 (59/60 anos) Fontenlos, España |
Alcaldesa de Outes | |
2016 – 2019 ← Carlos López Crespo – Manuel González López → | |
Datos persoais | |
Educación | Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña |
Actividade | |
Ocupación | política, aparellador |
María Beatriz Molinos Vidal, nada en Fontenlos (Entíns, Outes) en 1964[1] é unha aparelladora e política galega, exalcaldesa de Outes.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. Nas eleccións municipais de 2015 figurou na candidatura do Partido Popular de Galicia ao concello. Foi elixida concelleira e ocupou a concellería de Facenda. En agosto de 2016 accedeu á alcaldía logo da renuncia de Carlos López Crespo, o alcalde anterior, que levaba 21 anos no cargo e que concorreu nas listas do Partido Popular nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016. Nas eleccións municipais de 2019 encabezou a candidatura do PPdeG e foi derrotada por Compromiso Outes, sendo relevada na alcaldía por Manuel González López. Nese mandato foi deputada provincial ata xullo de 2021. Nas municipais de 2023 foi número 5 da candidatura do PPdeG e foi elixida concelleira, se ben o seu grupo non logrou recupera-la alcaldía.
Predecesor: Carlos López Crespo |
Alcaldesa de Outes 2016 - 2019 |
Sucesor: Manuel González López |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Beatriz Molinos: "É necesario alcanzar un gran acordo social que aposte realmente pola conciliación e a corresponsabilidade"". El Correo Gallego. 26 de abril de 2019.