Manuel Aramburu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Aramburu
Nome completoManuel Aramburu Núñez
Nacemento8 de abril de 1936
 León
Falecemento20 de xuño de 2015
 Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpintor e debuxante
editar datos en Wikidata ]

Manuel Aramburu Núñez, nado en León o 8 de abril de 1936 e finado en Pontevedra o 20 de xuño de 2015, foi un pintor e debuxante galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Iniciou a súa aprendizaxe no mundo da pintura en Pontevedra, cidade á que con motivo da Guerra civil tivo que emigrar a súa familia pouco tempo despois do seu nacemento.

Aramburu foi un dos grandes mestres da pintura actual de Galicia,[Cómpre referencia] pertencente á chamada "xeración de vangardas e silencios", da que forman parte un grupo de artistas que desenvolveron a súa actividade creativa a partir da posguerra española. É posterior, polo tanto, a artistas como Manuel Colmeiro Guimarás ou Laxeiro, e anterior á xove escola artística galega, marcada quizais a partir da experiencia "Atlántica" nos anos 80.

En 1969 foi pensionado pola Deputación de Pontevedra para estudar en París, momento en que tivo a oportunidade de estudar o impresionismo, polo que se sentiu especialmente atraído e cuxa influencia nunca abandonou.

Obra[editar | editar a fonte]

A obra de Manuel Aramburu pódese dividir nos seguintes períodos:

Período inicial[editar | editar a fonte]

Etapa correspondente aos duros anos da posguerra española nunha cidade de gran tradición cultural na Galicia da primeira metade do Século XX. Trátase da súa primeira etapa de aprendizaxe, influído polos artistas galegos das xeracións inmediatamente anteriores: Manuel Colmeiro Guimarás, Arturo Souto Feijoo, Luís Seoane, e Manolo Torres; tamén, Laxeiro ou Pesqueira, artistas estes últimos cos que Aramburu tivo moito contacto e algún caso unha grande amizade e respecto mutuo.

Nesta etapa obsérvase unha grande influencia dos impresionistas do S. XIX, especialmente Paul Cezanne e Van Gogh.

Expresionismo abstracto[editar | editar a fonte]

Durante os anos 1971 a 1975 na pintura de Aramburu atópase un tema recorrente: Os montes do Paraño, que levan a súa obra a distintos museos e a ser recoñecido en publicacións nacionais como representación da moderna pintura española.

Último período[editar | editar a fonte]

No ano 1975 presentou na Bienal Nacional de Arte de Pontevedra a súa obra "Desmantele" que obtivo a primeira medalla de ouro (posteriormente obtería a de bronce na bienal Internacional), e marcou a temática da súa obra, que non abandonou. Nese momento, Aramburu xa estaba dedicado plenamente á pintura e compaxinaba o seu labor artístico coa docencia nunha academia privada e como profesor de debuxo nun centro público.

Unha constante ao longo de toda a súa traxectoria é a súa faceta de retratista, estudoso de mestres como Velázquez, Goya ou Fernando Álvarez de Sotomayor, que o levan a aceptar o encargo de retratar en diversas ocasións a Xoán Carlos I, rei de España, a Filipe de Borbón, Príncipe de Asturias, ou a realizar a galería de retratos da Academia Naval de Marín ou dos decanos da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.

Para o retrato, Aramburu utiliza tanto o óleo como a sanguina.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4. 
  • "Aramburu". Santiago de Compostela, febrero-marzo 1991. Xunta de Galicia, Consellería de Cultura e Xuventude, Dirección General de Cultura ISBN 84-453-0216-7 / 8445302167
  • BUSSE, J., “lntemational Arts”, Frankfurt, 1984
  • CASTRO, X. A., “Expresión atlántica”, A Coruña, 1986
  • Cendan Caaveiro, S., “La pintura en las décadas de los sesenta y los setenta”, en Arte Contemporáneo (I), La Coruña, Hércules de Ediciones, 1994, páxs. 181-183;
  • P. Corredoira (coord.), Aramburu, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, Casa de la Parra, 1999;
  • DEL RIO, L., “Aramburu”, Ed. Portela, 1996.
  • FILGUEIRA VALVERDE, J ., “Guía del Museo de Pontevedra”, Ed. Everest, 1978.
  • C. García, “Obituario”, Faro de Vigo, 21 de xuño de 2015.
  • C. García Bayón y A. Portela, Arte en Pontevedra, Pontevedra, Pazo de Congresos e Exposicións, 1998, páxs. 17, 65, 81 y 90;
  • GARCÍA IGLESIAS, J.M.: CASTRO, X. A., “Colección de arte da Xunta de Galicia 1986-1993”, Santiago 1995
  • GARCÍA IGLESIAS, J.M.: “Cincuenta años de arte gallego”, Santiago, 1994.
  • GARCÍA IGLESIAS, J.M.: “Aramburu”, en Artistas Gallegos Pintores, XII. Realismos-abstracciones, Vigo, Nova Galicia Edicións, 2002, págs. 302-339;
  • MEISSNER, G., “Thime Becker”, Leipzig, 1983.
  • R. Otero Pedrayo (dir.), Gran Enciclopedia Gallega, vol. 2, Santiago de Compostela, Gran Enciclopedia Gallega, 1974, páxs. 142-143;
  • PABLOS HOLGADO, F., ILARRl JUNQUERA, Mª L., "Colección da Arte Galega", Vigo, Museo Quiñones de León, 1995, páxs. 36-37
  • PABLOS HOLGADO, , F.: “Colección Caixavigo”, Tomo 2, Vigo, 1995
  • PABLOS HOLGADO, , F.: ”La colección del Marqués de Magallanes”, Vigo, 1992.
  • PABLOS HOLGADO, , F.: “Plástica Gallega”, Vigo, 1981
  • PULIDO, Antón (Dir) “Artistas Galegos”. Ed. Nova Galicia 2002. Realismos y abstracciones
  • B. de San Ildefonso Rodríguez, “Biografías de los artistas pensionados por la Diputación Provincial de Pontevedra (1940-1969)”, en X. C. Valle Pérez (coord.), Os pensionados da Deputación de Pontevedra (1940-1969), Pontevedra, Diputación, 2005, páxs. 166-171;
  • Seveso, G. Art Rimeco, Melano, 1983
  • VV. AA., Quién es quién en la Galicia de los 80, Santiago, 1983
  • VV.AA. Galicia Eterna, Tomo V, Barcelona 1981
  • VV. AA., Colección Caixavigo. Pintura. Escultura. Dibujo, vol. II, Vigo, Caixavigo, 1993, páxs. 290-291;
  • VV. AA., Manuel Aramburu. Pinturas, s. l., Cajas de Ahorros del Mediterráneo, 2004;

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]