Malé
މާލެ (dv) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Maldivas | |||
Atoll of the Maldives (en) | Kaafu Atoll (pt) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 133.019 (2014) (22.934,31 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 5,8 km² | |||
Bañado por | Océano Índico | |||
Altitude | 2 m | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
ISO 3166-2 | MV-MLE | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Malé (/ˈmɑːleɪ/, pronuncia local: [ˈmɑːlɛ]; maldivano: މާލެ) é a capital e cidade máis poboada da República de Maldivas. Cunha poboación de 133.412[1] e unha superficie de 9´27 km², tamén é unha das Cidades máis densamente poboadas do mundo.[2][3] A cidade está xeograficamente situada no bordo sur do Atol de Malé norte (Atol Kaafu).[4] Administrativamente, a cidade consta dunha illa central,unha illa aeroporto e outras dúas illas gobernadas polo Concello de Malé.
Tradicionalmente era a illa do Rei, desde onde gobernaban as antigas dinastías reais e onde se atopaba o palacio. A cidade chamábase entón Mahal.[5] Antigamente era unha cidade amurallada rodeada de fortificacións e portas (doroshi). O Palacio Real (Gan'duvaru) destruíuse xunto cos pintorescos fortes (koshi) e os bastións (buruzu) cando remodelouse a cidade baixo o presidente Ibrahim Nasir que gobernou despois da abolición da monarquía en 1968. Non obstante, a mesquita do venres de Malé permanece. Nos últimos anos, a illa ampliouse considerablemente mediante operacións de recheo de terra. Ao longo dos anos, Malé foi o centro das protestas políticas e de eventos importantes.
Situación
[editar | editar a fonte]Malé está sita no atol de Kaafu, que é o bordo sur do atol de Malé, porén a cidade non se considera que forme parte del desde o punto de vista administrativo. As súas coordenadas son: 4º 10' N e 73º 30' L. O seu clima tropical, como o do resto das illas, está suavizado polo océano Índico.
Urbanismo
[editar | editar a fonte]En Malé vivían máis de 70.000 persoas, de xeito que está sobrepoboada. O total da superficie da illa, 1,5 km², está recuberta de edificios.
Para remediar este problema, o goberno creou unha illa artificial extraendo area do fondo do mar. Esta nova illa prevese que acolla a 100.000 habitantes (poboación xa superada); os edificios están en construción. Foi elevada 2 metros por riba do mar para paliar unha eventual subida das augas.
Divisións administrativas
[editar | editar a fonte]A cidade está repartida en catro divisións: Henveiru, Galolhu, Maafannu e Macchangolhi. O achegado atol de Vilingili, antes un resort turístico, é a quinta división (Male'viligili) que está a considerar o goberno.
Servizos administrativos e sociais
[editar | editar a fonte]Os edificios gobernamentais están concentrados na cidade. Acolle dous hospitais, un público e outro privado, e os centros educativos superiores, así como os bancos e casas comerciais máis importantes. En Malé fican dúas das tres mesquitas que hai nas Maldivas.
Comunicacións e economía
[editar | editar a fonte]Ademais do porto, Malé conta cunha base para hidroavións. O aeroporto internacional está situado no veciño atol ou illa de Hulhule. Varios proxectos e obras conseguintes permitiron o agrandamento do porto. Todos estes medios fan de Malé o centro de comercio da noz e da fibra de coco, da copra e de cunchas de cauri, que son os principais artigos de exportación do arquipélago. O turismo é un sector en expansión.
=Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "TABLE PP 9: TOTAL MALDIVIAN POPULATION BY SEX AND LOCALITY (ATOLLS), 2014". Statistics Maldives. National Bureau of Statistics. Consultado o 2015-05-23.
- ↑ "Malé: Politics, Corruption and Human Rights". South Asia Center. Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2018. Consultado o 2018-02-01.
- ↑ "Population explosion; a major environmental issue in Male’". ECOCARE Maldives. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2012. Consultado o 2015-05-23.
- ↑ "Silver Marlin, Maldives - About Maldives". www.silvermarlin.mv. Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2015. Consultado o 2015-05-23.
- ↑ Naseema Mohamed. "Names of Maldives" (PDF). www.qaumiyyath.gov.mv. Consultado o 2015-05-23.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Malé |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |