Maksym Hermaniuk
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 30 de outubro de 1911 Nove Selo |
| Morte | 3 de maio de 1996 Winnipeg |
| Arcebispo católico | |
| 3 de novembro de 1956 – 16 de decembro de 1992 – Michael Bzdel → Diocese: arquieparquía de Winnipeg | |
| Bispo diocesano | |
| 1 de setembro de 1956 – 3 de novembro de 1956 ← Vasyl Ladyka Diocese: arquieparquía de Winnipeg | |
| Administrador apostólico | |
| 19 de xaneiro de 1956 – 1 de setembro de 1956 Diocese: arquieparquía de Winnipeg | |
| Bispo coadxutor | |
| 13 de marzo de 1955 – 19 de xaneiro de 1956 Diocese: arquieparquía de Winnipeg | |
| Bispo auxiliar | |
| 13 de xaneiro de 1951 – 1 de setembro de 1956 Diocese: arquieparquía de Winnipeg | |
| Bispo titular | |
| 13 de xaneiro de 1951 – 1 de setembro de 1956 ← Jozef Vanderhoven (pt) Diocese: Sinna (en) | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexa católica e Igrexa católica bizantina ucraína |
| Educación | Studium Generale Lovaniense |
| Actividade | |
| Ocupación | bispo católico (1951–), sacerdote católico (1938–) |
| Membro de | |
| Orde relixiosa | Congregación do Santísimo Redentor |
| Consagración | Vasyl Ladyka |
| Premios | |
Maksym Hermaniuk (en ucraíno: Максим Германюк), nado o 30 de outubro de 1911 en Nove Selo (Reino de Galicia e Lodomeria, hoxe Ucraína) e finado o 3 de maio de 1996 en Winnipeg (Canadá), foi un relixioso redentorista católico ucraíno, arcebispo de Winnipeg entre 1956 e 1992.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu nunha familia de granxeiros grecocatólica o 30 de outubro de 1911. O 29 de setembro de 1933 profesou como membro da Congregación do Santísimo Redentor, facendo os votos solemnes o 16 de agosto de 1936.
O 4 de setembro de 1938 foi ordenado sacerdote polo tamén redentorista Mykolai Charnetskyi, entón exarca apostólico de Volinia, Polesia e Podlasia.
O 13 de xaneiro de 1951 foi nomeado bispo auxiliar do exarcado apostólico de Manitoba e bispo titular de Sinna. Recibiu a consagración episcopal o 29 de xuño de mans do exarca Vasyl Ladyka. O 13 de marzo de 1955 foi nomeado coadxutor, e o 1 de setembro de 1956 sucedeu a Ladyka como exarca apostólico. Coa elevación da sé o 3 de novembro de 1956 pasou a ser arcebispo metropolita de Winnipeg.
Logo da institución da Pontificia Comisión para a Revisión do Código de Dereito Canónico Oriental (Pontificia Commissio Codici Iuris Canonici Orientalis Recognoscendo) por Paulo VI, foi nomeado membro da mesma.[1]
Retirouse o 16 de decembro de 1992, e finou en Winnipeg o 3 de maio de 1996.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pontificia Commissio Codici Iuris Canonici Orientalis Recognoscendo, ed. (1975). "Istituzione e composizione della Commissione" (PDF). Nuntia (Libreria Editrice Vaticana) (1): 11. OCLC 9237479.
| Dignidades da Igrexa católica | ||
|---|---|---|
| Predecesor: Vasyl Ladyka |
Metropolita de Winnipeg 1956 - 1992 |
Sucesor: Michael Bzdel |