Michael Bzdel
Michael Bzdel, C.Ss.R. | |
---|---|
Arcebispo da Igrexa Católica Ucraína | |
Biografía | |
Nacemento | 21 de xullo de 1930 en Wishart, Canadá |
Pasamento | 3 de abril de 2012 |
Ordes | |
Ordenación sacerdotal | 7 de xullo de 1954, por Andrii Roboretskyi |
Consagración episcopal | 9 de marzo de 1993, por Maksym Hermaniuk |
Metropolita de Winnipeg | |
1992 - 2006 | |
Predecesor | Maksym Hermaniuk |
Sucesor | Lawrence Daniel Huculak |
Outros | |
Ficha en catholic-hierarchy.org |
Michael Bzdel (en ucraíno: Михаїл Бздель), nado en Wishart (Canadá) o 21 de xullo de 1930 e finado o 3 de abril de 2012, foi un eclesiástico católico canadense, metropolita de Winnipeg dos ucraínos entre 1992 e 2006.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Bzdel naceu nunha familia de inmigrantes ucraínos en Wishart, na provincia canadense de Saskatchewan, o 21 de xullo de 1930,[1] sendo o décimo primeiro dos catorce fillos que tiveron os seus pais.[1] Estudou no seminario menor de San Vladimiro de Roblin (Manitoba) que levaban os redentoristas, onde decidiu ser sacerdote.[1]
O 24 de outubro de 1948 profesou como membro de dita congregación, sendo ordenado sacerdote da mesma o 7 de xullo de 1954[1] por Andrii Roboretskyi, exarca apostólico de Saskatoon. Logo da súa ordenación, exerceu o seu ministerio en varias parroquias do Canadá occidental. En 1984 foi elixido superior provincial da provincia do Canadá dos redentoristas.
O 16 de decembro de 1992 foi nomeado metropolita de Winnipeg.[1] Recibiu a ordenación episcopal o 9 de marzo de 1993 de mans do seu predecesor Maksym Hermaniuk.
Como metropolita, converteuse nun dos catro membros de oficio do Consello Permanente da Conferencia dos Bispos Católicos do Canadá. En 1997 o papa Xoán Paulo II escolleuno delegado para o Sínodo dos Bispos para América.
Retirouse do cargo en xaneiro de 2006, e finou o 3 de abril de 2012.
Notas[editar | editar a fonte]
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Maksym Hermaniuk |
Metropolita de Winnipeg 1992 - 2006 |
Sucesor: Lawrence Daniel Huculak |