Nil Savaryn
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 19 de maio de 1905 Staryi Sambir (Reino de Galicia e Lodomeria) |
| Morte | 8 de xaneiro de 1986 Edmonton, Canadá |
| Lugar de sepultura | Edmonton |
| Bispo diocesano | |
| 3 de novembro de 1956 – Diocese: Eparquia de Edmonton (pt) | |
| Bispo titular | |
| 3 de abril de 1943 – Diocese: Ios (en) | |
| Bispo auxiliar | |
| 3 de abril de 1943 – Diocese: arquieparquía de Winnipeg | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexa católica |
| Actividade | |
| Ocupación | bispo católico (1943–), sacerdote católico (1931–) |
| Membro de | |
| Orde relixiosa | Orde de San Basilio Magno |
| Consagración | Vasyl Ladyka |
Nil Nykolai Savaryn (en ucraíno: Ніль Николай Саварин), nado en Staryi Sambir o 19 de maio de 1905 e finado o 7 de xaneiro de 1986, foi un eclesiástico católico ucraíno, primeiro bispo de Edmonton dende 1956 até o seu pasamento.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Staryi Sambir, unha vila entón parte do Reino de Galicia e Lodomeria (hoxe na rexión de Lviv, Ucraína), o 19 de maio de 1905.[1] Foi ordenado sacerdote o 23 de agosto de 1931[1] polo bispo de Przemyśl, Sambor e Sanok Yosafat Kotsylovskyi. O 3 de abril de 1943 foi nomeado bispo auxiliar do exarcado do Canadá e bispo titular de Ios.[1] Recibiu a consagración episcopal o 1 de xullo de 1943[1] de mans do exarca apostólico do Canadá Vasyl Ladyka. O 3 de marzo de 1948 foi nomeado exarca apostólico do Canadá Occidental.[1] Coa elevación da sé o 3 de novembro de 1956 foi nomeado bispo de Edmonton.[1] Finou no cargo o 7 de xaneiro de 1986.[1]