Maddalen Iriarte
(2023) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (eu) Maddalen Iriarte Okiñena 23 de xaneiro de 1963 (61 anos) Donostia, España |
Deputada das Xuntas Xerais de Guipúscoa | |
28 de xuño de 2023 – | |
Deputado do Parlamento do País Vasco | |
3 de agosto de 2020 – 28 de xuño de 2023 – Roke Akizu Aizpiri (en) → Lexislatura: XII lexislatura do Parlamento Vasco Circunscrición electoral: Guipúscoa | |
Deputado do Parlamento do País Vasco | |
21 de outubro de 2016 – 11 de febreiro de 2020 Lexislatura: XI lexislatura do Parlamento Vasco Circunscrición electoral: Guipúscoa | |
Datos persoais | |
Residencia | Durango |
Educación | Santo Tomas Lizeoa (en) Universidade do País Vasco - dereito |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, política |
Partido político | Euskal Herria Bildu |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Cónxuxe | Joseba Balerdi |
Irmáns | Nerea Iriarte |
Premios | |
| |
Maddalen Iriarte Okiñena, nada en Donostia en 1963 é unha xornalista e política vasca, voceira de EH Bildu no Parlamento Vasco.
Realizou a súa traxectoria profesional en éuscaro. Antes do seu paso á política, foi directora e presentadora do programa Azpimarra da televisión pública vasca.[1] Comprometida con iniciativas políticas e sociais pola paz e a igualdade, non está afiliada a ningún partido político.[2] Encabezou a candidatura de EH Bildu pola circunscrición de Guipúscoa nas eleccións ao Parlamento Vasco de 2016,[3] e foi a candidata a Lehendakari do partido da esquerda abertzale nas eleccións ao Parlamento do País Vasco de 2020.[4]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Donostia e estudou Dereito, aínda que desde moza decantouse polos medios de comunicación.
Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]Empezou a súa carreira xornalística en 1981, con só 18 anos na radio Loiola Herri Irratia (Radio Popular) cando era estudante de Dereito.[5][6]
En 1986 pasou á televisión, tras aprobar as oposicións, e incorporouse a Euskal Irrati Telebista (EITB) onde foi presentadora e editora do informativo Gaur Egun até 2009.[7] Tamén foi presentadora e directora de programas nos procesos electorais, ademais de conducir os programas de información e debate Ados?, Gau-on e Azpimarra, en ETB 1.
En prensa escrita, Iriarte é colaboradora habitual de Zazpika (dominical de Gara) e escribiu columnas en Egunkaria, Berria, Noticias de Gipuzkoa e Deia.
Traxectoria política
[editar | editar a fonte]Iriarte estivo comprometida ao longo da súa traxectoria en numeras iniciativas políticas e sociais relacionadas coa paz no País Vasco e a igualdade de xénero.
Denunciou sumarios como o 35/02 das herriko tabernas, e en 2006 colaborou con Ahotsak, a iniciativa de decenas de mulleres de diversas sensibilidades políticas a favor da paz.
En 2014 foi unha das primeiras persoas recoñecidas en dar o seu apoio e anunciar a participación na cadea humana a favor do dereito a decidir organizada por Gure Esku Dago.[5]
En marzo de 2015 foi a encargada de presentar o acto de despedida que Lokarri celebrou en Bilbao.[5]
O 13 de agosto de 2016 pasou á política sen afiliación previa a ningún partido, e foi presentada oficialmente candidata para as eleccións autonómicas vascas do 25 de setembro no posto número dous da lista EH Bildu pola cincunscripción de Guipúscoa que encabezaba Arnaldo Otegi.[2][8][9] Tras a decisión da Xunta Electoral, avalada polo Tribunal Constitucional, de retirar a Otegi das listas debido á súa inhabilitación, pasou a encabezala Iriarte.[10]
Tras obter a súa acta de parlamentaria, EH Bildu designouna voceira do grupo parlamentario, así como a súa candidata a lehendakari no pleno de investidura.[11]
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]- 1990, Premio Argia.
- 1993, Premio Emakunde.
- 1999, Premio Iparraguirre.
- 2013, Premio Argia.
Televisión
[editar | editar a fonte]- Ados (ETB 1)
- Euskadi zuzenean (ETB 1)
- Gaur egun (ETB 1)
- Azpimarra (ETB 1)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Comienza la nueva temporada de ‘Azpimarra’ en ETB-1". www.deia.eus (en castelán). Consultado o 2022-02-17.
- ↑ 2,0 2,1 "Maddalen Iriarte, el «plan B» de Otegi".
- ↑ "El pronóstico del CIS para Euskadi en gráficos". Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2016. Consultado o 11 de novembro de 2016.
- ↑ Rioja, Iker. "Maddalen Iriarte, una plusmarquista en atletismo que admira a Ibarretxe" (en castelán). Consultado o 2 de xullo de 2020.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 "Maddalen Iriarte, junto a Otegi en la lista de EH Bildu por Gipuzkoa".
- ↑ "Conferenciantes invitados".
- ↑ "La nueva directiva de ETB 'se carga' a los rostros veteranos de sus informativos".
- ↑ "Maddalen Iriarte: 'Los problemas de este pueblo los tenemos que sacar adelante nosotros'". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2016. Consultado o 11 de novembro de 2016.
- ↑ "Quién es Maddalen Iriarte, la posible sustituta de Otegi".
- ↑ "La Junta ratifica que Otegi no puede ser candidato y le excluye de concurrir a las elecciones vascas".
- ↑ "EH Bildu designa a Maddalen Iriarte como portavoz en el Parlamento Vasco".