Lokarri
Aparencia
Lokarri | |
---|---|
![]() | |
Tipo | movemento social ![]() |
Data | |
Fundación | 2006 ![]() |
Remate | 2015 ![]() |
Localización | |
País | España ![]() |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Lokarri, é unha organización vasca autofinanciada que funciona como un movemento social de carácter pacifista.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Foi creada no País Vasco e Navarra en 2006, a partir da agrupación cidadá Elkarri, fundada en 1992. Trata de promover un acordo plural así como unha consulta popular como eixos da conciliación para a resolución do conflito vasco.
Canto á etimoloxía da denominación, Lokarri é unha palabra do éuscaro que en galego significa "aquilo que serve para unir"[1].
O coordinador do movemento é Paul Ríos.
Principios
[editar | editar a fonte]Os principios polos que se rexe poden listarse como tres:
- O respecto á vontade popular
- A aposta polo diálogo
- A defensa da non-violencia
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Presentación e definición de Lokarri Arquivado 06 de xullo de 2010 en Wayback Machine., na web do movemento. (en castelán)