Euskal Herria Bildu
| Euskal Herria Bildu | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
|
Número de escanos lexislatura
5 Senado de España (9 de xuño de 2025)
1 Parlamento Europeo (9 de xuño de 2025) 6 Congreso dos Deputados de España (9 de xuño de 2025) | |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
Euskal Herria Bildu , tamén escrito EH Bildu (en minúsculas no seu logo), é unha coalición política vasca de esquerdas, rexistrada como partido político, creada no 2012 e liderada na súa primeira participación por Laura Mintegi.[1] Está ideoloxicamente adscrita á esquerda abertzale e ten aspiracións soberanistas e independentistas. A plataforma está constituída por Eusko Alkartasuna, Aralar, Sortu e Alternatiba.
Historia
[editar | editar a fonte]A coalición presentouse ás eleccións ó Parlamento Vasco do 21 de outubro de 2012, acadando 21 escanos dos 75 totais e converténdose así na segunda forza política do país tralos 27 logrados polo PNV.
A coalición creada en 2012 foi inscrita en 2014 como partido.[2] En 2017 a coalición foi dotada de órganos propios de partido, con secretaría xeral.[3]
Previa a EH Bildu houbo outra coalición chamada Bildu. Entre a disolución de Bildu e a creación de EH Bildu existiu a coalición Amaiur.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Laura Mintegi será la candidata a lehendakari de la coalición Euskal Herria Bildu". La Vanguardia (en castelán). 2012-07-02. Consultado o 2023-02-18.
- ↑ "Boom electoral: nacen 64 partidos en cuatro meses". www.publico.es (en castelán). Consultado o 2023-02-18.
- ↑ EFE (2017-06-16). "EH Bildu culmina su refundación para superar la fórmula de la coalición". elDiario.es (en castelán). Consultado o 2023-02-18.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Euskal Herria Bildu |
| A Galipedia ten un portal sobre: País Vasco |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
