María Luz Pintos Peñaranda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «M. L. Pintos Peñaranda»)
Infotaula de personaMaría Luz Pintos Peñaranda

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de maio de 1956 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFenomenoloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfilósofa , profesor titular Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Santiago de Compostela (1979–) Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 273216

María de la Luz Pintos Peñaranda, nada en Santiago de Compostela o 17 de maio de 1956, é unha filósofa galega, profesora na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nada o 17 de maio de 1956 en Santiago de Compostela, Mª Luz Pintos Peñaranda licenciouse na Facultade de Filosofía e Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, na primeira promoción da licenciatura (1973-1978). É profesora titular na Facultade de Filosofía, na área de Filosofía.

Exerceu a carreira docente na USC desde 1979, impartindo clases inicialmente tanto en Filosofía, como en Pedagoxía, en Psicoloxía, en Filoloxía e en Xeografía e Historia. Isto serviu para apuntalar nela unha actitude transdisciplinar, tanto en docencia como en investigación, da que fixo gala durante toda a súa vida profesional como filósofa. Na Facultade de Filosofía tivo ao seu cargo, durante varias décadas, na Licenciatura e no Grao, as materias de “Antropoloxía filosófica”, “Filosofía da historia” e “Introdución á Fenomenoloxía”. No Curso de Doutoramento e posteriormente no Mestrado de Filosofía, impartiu sucesivamente, durante varios anos, “Perspectivas fenomenolóxicas”, “Fenomenoloxía da intersubxectividade animal e fenomenoloxía ecolóxica” e “Perspectivas actuais de Filosofía da historia”, que compaxinou cun Curso de Especialización da USC sobre “A nova Filosofía para hoxe. A nova Filosofía na súa converxencia coas novas Ciencias humanas e bio-sociais no importante momento de cambio de paradigma entre séculos XIX-XX”. Participou como relatora en numerosos Congresos nacionais e internacionais. Editou libros e publicou en obras colectivas. En Revistas publicou artigos, traducións comentadas e recensións. Dirixiu Teses de Doutoramento, Traballos Academicamente Dirixidos, Traballos de Fin de Mestrado e Traballos de Fin de Grao. A nivel de xestión, ocupou o cargo de secretaria da Facultade de Filosofía en tres mandatos, ademais de participar sempre activamente na vida académica da Facultade.

Principais influencias[editar | editar a fonte]

Mª Luz Pintos moveuse sempre, dentro da filosofía contemporánea; máis concretamente, no movemento fenomenolóxico no que foi introducida polo fenomenólogo Javier San Martín Sala, profesor co que se doutorou cunha Tese titulada La historicidad de la conciencia en Merleau-Ponty (1989). Toda a súa traxectoria investigadora levouna a cabo dentro da Fenomenoloxía, moi marcada pola crítica da cultura husserliana e pola recuperación da experiencia vivida, da corporalidade e da intersubxectividade, temas que tomou sempre como punto de partida para dende eles aplicar a perspectiva fenomenolóxica a distintos problemas da nosa actualidade, tales como o feminismo, o racismo e a xenofobia, a recuperación da empatía emocional no suxeito, a reivindicación dun pensamento e acción ecolóxicos e a fundamentación ontolóxica do animal non humano como suxeito como baseamento para un cambio de valoración e de actuación.  

Dende moi nova, percorreu un particular itinerario que a foi predispoñendo para acadar a súa identificación como fenomenóloga. O seu interese pola temporalidade levantouse moi pronto coa lectura na adolescencia de As confesións, de Santo Agostiño, un interese que se confirmou, facendo os seus estudos universitarios de Filosofía, no encontro con Bergson e a prefenomenolóxica experiencia da durée no libro Ensaio sobre os datos inmediatos da conciencia. O coñecemento desta novidosa forma de entender a experiencia temporal levouna directamente a Ser e tempo de Heidegger, da man do que entrou de cheo no eido do movemento fenomenolóxico, e co que pudo profundizar, dende o punto de vista ontolóxico, na temporalidade e na historicidade. Obtivo o Premio Extraordinario de Licenciatura cunha Tesiña sobre A temporalidade na filosofía de Martin Heidegger. O paso seguinte de investigación académica foi a obtención do grao de doutora coa Tese de doutoramento, tamén de carácter fenomenolóxico, sobre A historicidade da conciencia en M. Merleau-Ponty. Este traballo non só lle proporcionou unha inmersión total na actitude e método fenomenolóxicos a través deste autor senón que foi unha excelente ocasión para acceder ao fundador da Fenomenoloxía, Edmund Husserl. O particular desta investigación doutoral e que lle fixo tomar contacto coas principais figuras e avances en ciencias humanas e bio-sociais e, deste xeito, viuse reafirmada a súa vocación de transdisciplinariedade así como a necesidade de apertura da Filosofía a todas as aportacións doutras ciencias que poden axudar na comprensión do ser humano e do seu mundo. Un inesperado encontro co libro de Ignacio Ellacuría, Filosofía da realidade histórica, de fondo fenomenolóxico, fortaleceu o seu achegamento á corporalidade biolóxica e tinxiu definitivamente a súa reflexión filosófica sobre o ser humano. A amizade co fenomenólogo estadounidense Lester Embree axudoulle a confirmar a súa idea de que todo o conxunto de coñecementos de que dispoñemos grazas á nosa filosofía pasada débenos servir para comprometernos nunha análise dos grandes asuntos e problemas do presente actual. Non se pode deixar de mencionar a grande influencia en Mª Luz Pintos de Nietzsche, de Marx, de Freud e dos primeiros integrantes da Escola de Frankfurt polo seu desenmascaramento de aspectos negativos da nosa cultura e porque converxen –polo menos parcialmente– coa crítica da cultura husserliana.

Liñas de investigación e orientación da docencia e da súa obra[editar | editar a fonte]

En síntese, as liñas de investigación de Mª Luz Pintos, traballadas con continuidade en distintas publicacións, son as seguintes:

- Temas fenomenolóxicos: Corporalidade, corporalidade perceptiva e empático-emotiva, intersubxectividade, temporalidade, historicidade, espacialidade.

- Estudo de autores fenomenólogos: Edmund Husserl, Martin Heidegger, Maurice Merleau-Ponty, Eugen Fink e Aron Gurwitsch.

- Estudo de autores que, sendo alleos á Fenomenoloxía, teñen aspectos nos que se achegan moito á fenomenoloxía nalgún sentido: os biólogos Jacob J. von Uexküll e  Adolf Portmann, o psiquiatra Sigmund Freud e o neuropsiquiatra Kurt Goldstein (foi pioneira en publicar en España sobre este último autor).

- Temas relacionados co seu deber de compromiso como intelectual e como aplicación da Fenomenoloxía: crítica da cultura obxectivista, a globalización da cultura posmoderna, a xustiza entre humanos, a relación entre humanos e animais non humanos, feminismo, racismo e xenofobia, belicismo, refuxiados, aceleración do cambio climático e ecoloxismo.

-Polo que toca á docencia, o seu máximo interese en Antropoloxía filosófica foi sempre analizar que é o ser humano para achegarnos a unha interpretación revisada e actualizada coa axuda doutras ciencias, situándonos no contexto histórico actual e poñéndonos en relación cos outros seres vivos (animais e vexetais). Trátase de localizar vellos prexuízos para poder chegar a un criterio propio e a un cambio de ideas, valoracións e actuacións.

-En Filosofía da historia, tentou sempre dar as chaves que permiten comprender o contraste entre a idea do progreso e o nihilismo, a modernidade e a posmodernidade, a través dos autores que marcaron esencialmente a nosa historia do pensamento occidental. Pintos foi a primeira profesora universitaria en España que obtivo praza de titular por medio do perfil de “Filosofía da historia”.

-En Introdución á Fenomenoloxía (materia da que hai que salientar que foi a primeira que se creou na Universidade española con este título), a materia sempre estivo enfocada en penetrar no que é a actitude fenomenolóxica e nos descubrimentos fundamentais dela da man, sobre todo, de Husserl. Un principal obxectivo foi a reivindicación da figura do fundador deste movemento e a familiarización coas principais figuras da Fenomenoloxía.

En xeral, para Pintos, filosofía ten que camiñar da man coa inter- ou trans-disciplinaridade e co compromiso co presente. En consonancia con esta fonda convicción que define por enteiro a súa traxectoria investigadora e docente, é ben coñecido polo seu alumnado o uso da prensa en todas as súas materias, de Grao ou de Méstrado, para facer inmersión na nosa actualidade e forzar a ollar cara os principais temas e problemas para telos sempre no punto de mira. Considera que a reflexión filosófica non pode estar des-situada senón que, todo o contrario, o estudo das aportacións de filosofía pasada ten a súa xustificación e pleno valor, non nun coñecemento, senón como instrumento de axuda para levalas ao noso hoxe e poder comprendernos mellor a nós como existentes humanos e ao mundo no que vivimos, para fornecer un criterio valorativo e enxuiciador e, finalmente, para dar unha resposta ética referida á nosa interacción con todos os seres do planeta, tanto humanos como non humanos. Noutras verbas, como filósofa e fenomenóloga o núcleo do seu pensar é que a Filosofía non se reduce a ser unha disciplina teórica; a teoría sobre todo é unha preparación que nos proporciona as ferramentas para poder analizar conceptualmente os grandes preocupacións e problemas do noso mundo na actualidade e para deste xeito fundamentar a necesidade dunha actuación comprometida con eles.

Selección das súas publicacións[editar | editar a fonte]

Libros (coedición de libros e monográficos de revistas):

─ Antropología Filosófica y Bioética ante los retos de las nuevas tecnologías (Sevilla: Thémata Editorial) 2004).

─ Fenomenología y Ciencias humanas (Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións da USC, 1998).

─ Merleau-Ponty desde la fenomenología. En su primer centenario (1908-2008) (Madrid: UNED, 2008)

─ Fenomenología y política (Madrid: UNED, 2011)

─ Lester Embree. Análisis reflexivo y organización institucional de la fenomenología. In Memoriam (Madrid: UNED, 2018).

Capítulos en libros colectivos:

─ “The Blindness of Kantian Idealims Regarding Non-Human Animals and its Overcoming by Husserlian Phenomenology”, en Cynthia Coe (ed.), The Palgrave Handbook of German Idealism and Phenomenology, New York: Springer, 2021.

─ “Nuestra ceguera en el debate sobre los otros animales y sus derechos. Fundamentación fenomenológica del ‘sujeto animal’”, en L´Homme-Machine. Filósofos, Animais & Máquinas, Vilanova de Famalicão: Humus, 2018.

─ “El pensamiento fenomenológico-existencial de Merleau-Ponty ante el materialismo histórico de Marx”, en J.M. Díaz Álvarez/J. Lasaga (eds.), La razón y la vida. Escritos en homenaje a Javier San Martín, Madrid: Trotta, 2018.

─ “La antropología filosófica ante el drama de los refugiados y el resurgimiento del racismo y de la xenofobia”, en F. Rodríguez Valls/J. J. Padial (eds.), Hombre y cultura. Estudios en homenaje a Jacinto Choza, Sevilla: Themata, 2016.

─ “Presentación de la fenomenología por Eugen Fink ante las críticas y la mala interpretación neokantianas”, en J. Cardoso Rosas/V. Moura (eds.), Pensar Radicalmente a Humanidade. Ensaios em Homenagem ao Prof. Doutor Acílio da Silva estanqueiro Rocha, Braga: Humus, 2011.

─ “Aron Gurwitsch: un modelo de cómo servirse de Husserl como modelo para movernos hacia una actitud ecologista”, en I. Copoeru/P. Kontos/A. Serrano de Haro (eds.), Phenomenology 2010, Vol. 3 Selected Essays from the Euro-Mediterranean Area, Bucharest: Zeta Books, 2011.

─ “Emociones y empatía, dimensiones primordiales de toda vida humana. Análisis fenomenológico”, en J. San Martín/T. Domingo Moratalla (eds.), Perspectivas sobre la vida humana. Cuerpo, mente, género y persona, Madrid: Biblioteca Nueva, 2011.

─ “Fenomenología, género y paz”, en I. Comins Mingol / S. París Albert (eds.), Investigando para la paz. Estudios filosóficos, Barcelona: Icaria, 2010.

─ “Phenomenological Overcoming of Western Prejudices against Nonhuman Animals”, en Thomas Nenon / Philip Blosser (eds.), Advancing Phenomenology. Essays in Honor of Lester Embree, Dordrech: Springer, 2010.

─ “Desde la interdisciplinaridad, modelos de ‘actitud’ crítica y de compromiso ante la historia. La convergencia entre la Historia a Debate y la Fenomenología”, en C. Barros (ed.), Historia a Debate, L’historie en Débat, History under debate, Vol. III, Vedra-A Coruña: Historia a Debate, 2009.

─ “El futuro de la Fenomenología pasa por poner unas nuevas bases para reorientar la actividad humana causante de la actual crisis ecológica”, en S. Geniusas/D. Lavoie/N. Patnaik (eds.), Future of Husserlian Phenomenology, New York: The New School, 2008.

─ “La realidad virtual y el papel del cuerpo en ella. Un análisis fenomenológico”, en C. Moreno/R. Lorenzo/A. M. de Mingo (eds.), Filosofía y realidad virtual, Zaragoza: Prensas Universitarias de Zaragoza, 2007.

─ “Humanos, inhumanos y no humanos. Fundamentación fenomenológica de la conexión interespecies”, en P. M. S. Alves/M. S. Santos/A. Franco de Sá (eds.), Humano e Inumano. A dignidade do home e os novos desafios, Lisboa: Phainomenon, 2006.

─ “¿Dónde nace el sentido de la tolerancia y cómo valernos de él racionalmente? Aportación desde la fenomenología”, en R. Rizo-Patrón (ed.), Interpretando la experiencia de la tolerancia. Interpreting the Experience of Tolerance, Lima: Fondo Editorial de la Pontificia Universidad Católica del Perú, 2006.

─ “Fenomenología del cuerpo como expresión e interpretación”, en J. V. Arregui/J. A. García González (eds.), Significados corporales, Málaga: Contrastes, 2006.

─ “Husserl und Merleau-Ponty. Schlüssel einer starken Beziehung”, en J. San Martín (ed.), Phänomenologie in Spanien, Würzburg: Königshausen & Neumann, 2005.

─ “La recuperación de la animalidad. Utilidad y aplicabilidad de la fenomenología a los cienc años de su surgimiento”, en C. Moreno/A. M. de Mingo (eds.), Signo. Intencionalidad. Verdad. Estudios de Fenomenología, Sevilla: Sociedad Española de Fenomenología/Universidad de Sevilla, 2005.

─ “Gurwitsch, Goldstein, Merleau-Ponty. Analyse d´une étroite relation”, en R. Barbaras/M. Carbone/L. Lawlor (eds.), Chiasmi International. Merleau-Ponty. Entre Esthétique et Psychoanalyse, Paris/Milano/Memphis/Manchester: Vrin/Mimesis/University of Memphis/Clinamen Press, 2005.

─ “Aportación y tarea de la Antropología Filosófica en el debate ético acerca de las nuevas biotecnologías”, en J. Choza/M.L. Pintos Peñaranda (eds.), Antropología filosófica y Bioética ante los retos de las nuevas tecnologías, Sevilla: Themata, 2004.

─ “¿É a Fenomenoloxía unha filosofía para o século XXI?”, en J. M. Santos/P.M.S.Alves/A.Barata (eds.), A Fenomenologia Hoje, Lisboa: Centro de Filosofia da Universidade de Lisboa, 2003.

─ “Coexistence empirique, a priori historique et projet de transformation de l’histoire réelle. Trois perspectives phénomenologiques de la intersubjectivité”, en I. Copoeru/M.Diaconu/D. Popa (eds.), Person, Community and Identity, Bucharest: House of the Book of Science, 2003.

─ “Cuerpo de mujer y violencia simbólica: una realidad universal”, en M.C. López Sáenz/J. Rivera de Rosales (eds.), El cuerpo. Perspectivas filosóficas, Madrid: UNED, 2002.

─ “En contra de nuestro tiempo. Nietzsche y su inicial ruptura con la Modernidad”, en X.L. Barreiro Barreiro (ed.), Ilustración e Modernidade. Os avatares da Razón, Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións da USC, 2001.

─ “Animal Life and Phenomenology”, en S. Crowell/L. Embree/S. J. Julian (eds.), The Reach of Reflection: Issues for Phenomenology´s Second Century, Vol. II,  Boca Raton-Florida: Center for Advanced Research in Phenomenology, 2001. (Co-autor: Javier San Martín).

─ “Sujeto corpóreo, trabazón intersubjetiva y experiencia emocional. Propuesta fenomenológica”, en P.F. Freire e outros (eds.), Emociones, Sevilla: Kronos, 2000.

─ “Sobre la utilidad de la Filosofía para la Historia. Propuesta de distinción y de confluencia”, en C. Barros (ed.), Historia a Debate, Vol. III, Vedra-A Coruña: Historia a Debate, 2000.

─ “Buscar la unidad por debajo de la diferencia. La contramoda de la fenomenología”, en J. Choza/O.Piullats (eds.), Identidad humana y fin del milenio, Sevilla: Kronos, 1999.

─ “¿Dónde nace el sentido de la justicia y a qué nos debe llevar?” La aportación de la fenomenología”, en M.X. Agra e outros (eds.), En torno a la justicia, A Coruña: Eris, 1999.

─ “¿Son antagónicas las Ciencias humanas ‘postmodernas’ y la Fenomenología? Foucault. Merleau-Ponty”, en M.L. Pintos Peñaranda/J.L.González López (eds.), Fenomenología y Ciencias humanas, Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións da USC, 1998.

─ “Corpo de muller. Ruptura e nova identidade”, en M.X.A Agra (ed.), Corpo de muller. Discurso . Poder. Cultura, Santiago de Compostela: Laiovento, 1997.

─ “La idea de la  filosofía en Ortega y Gasset: ciencia radical”, en J. San Martín (ed.), Ortega y la Fenomenología, Madrid: UNED, 1992.

Artigos en Revistas académicas:

─ “Laudatio et Gratitudo. To Lester Embree: Great Person, Phenomenologist and Leader”, Investigaciones fenomenológicas, vol. monográfico 7 (2018).

─ “Aron Gurwitsch at the Dawn of French Phenomenology: From a Relative Invisibility to an Indelible Mark”, Schutzian Research. A Yearbook of Lifeworldly Phenomenology and Qualitative Social Science, vol. 8 (2016).

─ “The Introduction of Phenomenology into the French Language from 1900 to 1940”, Phenomenology Review, vol. 2 (2016).

and Qualitative Social Science, vol. 8 (2016).

─ “Cómo abordar la cuestión política desde la fenomenología”, Investigaciones fenomenológicas, vol. monográfico 3 (2011).

─ “Kurt Goldstein: Nuevas bases para una nueva neuropsiquiatría”, Teoría y Práctica grupoanalítica, Vol.1, 0 (2010).

─ “Cuestionamiento y redifinición de los viejos conceptos de intersubjetividad e interculturalidad. Fenomenología en el siglo XXI”, Investigaciones fenomenológicas 7 (2010).

─ “Fenomenología de la corporalidad emotiva como condición de la alteridad”, Investigaciones fenomenológicas, vol. monográfico (2010).

__“La interpretación de Freud rescatada desde la perspectiva fenomenológica de Merleau-Ponty”, En-Claves del pensamiento 6 (2009).

─ “Emociones. Empatía. Tolerancia. Análisis fenomenológico de la integración cuerpo-mente, naturaleza-cultura”, Alfa. Revista de la Asociación Andaluza de Filosofía 22/23 (2008).

─ “El neuropsiquiatra Kurt Goldstein en la génesis del pensamiento fenomenológico de Merleau-Ponty”, Investigaciones fenomenológicas, vol. monográfico 1 (2008).

─ “Aron Gurwitsch: fenomenología de la percepción y encuentro con Kurt Goldstein”, Phainomenon. Revista de fenomenologia 14 (2007).

─ “La Antropología Filosófica: una obligada mirada hacia los demás seres vivos”, Themata 39 (2007).

─ “Gurwitsch, Goldstein y Merleau-Ponty. Análisis de una estrecha relación”, Contrastes. Revista Internacional de Filosofía, vol. XII (2007).

─ “Los Anexos XXV-XXVI-XXVII-XXVIII al parágrafo 73 de La crisis de Husserl”, Investigaciones fenomenológicas 5 (2007).

─ “Los derechos de todos los seres vivos a la luz de la fenomenología”, Investigaciones fenomenológicas 4 (2005).

─ “La Fenomenología y las ciencias humanas y bio-sociales. Su convergencia en un importante momento de cambio de paradigmas”, Revista Philosophica 27 (2004).

─ “¡Espacializamos! Fenomenología del espacio vivido frente al ‘objetivismo naturalista?”, Alfa. Revista de la Asociación Andaluza de Filosofía 15 (2004).

─ “Fenomenología del objeto vivido frente al olvido del objeto-para-el-sujeto por parte del ‘objetivismo? Naturalista”, Duererías. Revista de Filosofía 4 (2004).

─ “La gran aportación de la fenomenología husserliana para el mundo de hoy”, Escritos de Filosofía 43 (2003).

─ “El nacimiento del sentido en M. Merleau-Ponty y C. Lévi-Strauss”, Investigaciones fenomenológicas 2 (1998).

─ “Eidos-Factum. Lectura merleau-pontyana de un fragmento de Husserl”, Revista de Filosofía (México) 84 (1995).

─ “La tesis merleau-pontyana del a priori histórico como lo absoluto”, Revista de Filosofía (México) 79.

─ “Motivos fundamentales de la fenomenología husserliana”, Agora. Papeles de Filosofía, vol. 12, 2 (1993).

─ “El acercamiento  de Merleau-Ponty a la Fenomenología”, Recerca 4 (1993).

─ “La realidad histoórica en I. Ellacuría. Fundamentación material para una Filosofía de la hisroria comprometida”, Pensamiento. Revista de investigación e información filosófica 262/263 (1992).

─ “Aproximación a la teoría marxiana desde el pensamiento fenomenológico-existencial de M. Merleau- Ponty, I", Anales del Seminario de Metafísica 26 (1992).

─ "Aproximación a la teoría marxiana desde el pensamiento fenomenológico-existencial de M. Merleau-Ponty, II", Anales del Seminario de Metafísica, nº extra (1992).

─ “Ciencia y Filosofía de la historia”, Pensamiento. Revista de investigación e información filosófica 192 (1992).

─ “Verdad. Racionalidad. Inherencia histórica. El pensamiento fenomenológico de Merleau-Ponty, I”, Estudios 177 (1992).

─ “Estamos atados. Justificación de la lucha feminista desde una perspectiva fenomenológica”, Agora. Papeles de Filosofía 10 (1991).

─ “Verdad. Racionalidad. Inherencia histórica. El pensamiento fenomenológico de Merleau-Ponty, II”, Estudios 170 (1990).

─ “De lo visible a lo invisible. Hacia una nueva forma de enfocar la realidad”, Agora. Papeles de Filosofía 5 (1985).

─ “La transparencia como estructura constitucional de la subjetividad en la fenomenología existencial de Heidegger y de Merleau-Ponty”, Agora. Papeles de Filosofía 4 (1984).

─ “Afinidades entre Husserl y Bergson”, Agora. Papeles de Filosofía 3 (1983).

─ “Aspectos de la constitución del yo en la fenomenología heideggeriana”, Agora. Papeles de Filosofía 2 (1982).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]