M.I.A.
M.I.A. | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Mathangi Arulpragasam |
Alcume | M.I.A. |
Nacemento | 18 de xullo de 1975 |
Lugar de nacemento | Hounslow |
Nacionalidade | Sri Lanka e Reino Unido |
Relixión | cristianismo |
Alma máter | Central Saint Martins, Ricards Lodge High School e Holy Family Convent, Jaffna |
Ocupación | actriz, modelo, rapeira, fotógrafa, pintora, compositora, produtora musical, compositora de cancións, cantautora, diretor de videoclipe, activista, artista visual e deseñador de moda |
Pai | Arul Pragasam |
Irmáns | Kali Arulpragasam |
Premios | membro da Orde do Imperio Británico |
Na rede | |
http://www.miauk.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Mathangi "Maya" Arulpragasam (támil: மாதங்கி 'மாயா' அருள்பிரகாசம்), nada o 17 de xullo de 1975 en Londres, máis coñecida polo sobrenome artístico de M.I.A. (acrónimo de Missing in Action) é unha cantante, deseñadora artística e produtora musical británica de orixe támil de Sri Lanka. A súa música funde elementos do grime, hip hop, dancehall da música electrónica e o baile funk o que lle dá un son urbano, tribal e multicultural que se une a unhas letras nas cales mestura a política, o realismo social e o humor.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu en Hounslow (Londres), filla do activista támil Arul Pragasam, cando ela tiña seis meses a súa familia volveu a Sri Lanka, ós once anos volveu coa súa familia como refuxiada. Estudou nunha escola de arte e deseño en Londres, tirou no ano 2000 a foto da cuberta para o álbum The Menace de Elastica, dirixiu o vídeo para a canción "Mad Dog God Dam" e filmou a xira norteamericana da banda, realizou a súa primeira exhibición artística pública en 2001, consistía principalmente en graffitis. Comezou a facerse famosa en 2004 grazas á descarga dos seus sinxelos "Galang" (2003) e "Sunshowers" en Internet. En 2005 saíu o seu primeiro álbum Arular in 2005, o segundo, Kala publicouse en 2007, constituíndo o seu máis grande éxito. No ano 2008 fundou o seu propio selo discográfico, N.E.E.T.