Música alternativa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A música alternativa é un termo que engloba a todos os tipos de música que se afastan da tendencia dominante ou dos modelos oficiais comunmente aceptados.[1] Este tipo de música non conta con trazos diferenciadores que a convertan nun estilo musical único e recoñeocíbel, senón que agrupa un amplo número de xéneros musicais que se afastan da música comercial ou industrial e que teñen cada un as súas características propias.[2]

Este termo abrangue un gran número de subxéneros, entre os que destacan o rock alternativo, o grunge, o indie, a world music, a New Wave ou a música folk, Rap alternativo, entre outros. Non entanto, os artistas representativos da música alternativa non sempre se encadran dentro do mesmo subxénero, senón que cada unha das súas composicións pode corresponder a un tipo distinto de música alternativa.

A principal matización que realizan, tanto o público como os críticos, ao uso desta denominación é que o alternativo, en canto é asumido polo sistema, convértese nun produto de masas, polo que deixa de oporse ao comercial e por iso deixa de ser alternativo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definición de "alternativo", no dicionario da RAG.
  2. Munnshe, Jorge. Amazings, ed. "¿Qué son las Músicas Alternativas?" (en castelán). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]