Músculo pronador redondo
Aparencia
| Músculo pronador redondo | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| m. pronator teres | |||||||||||
| |||||||||||
| Características | |||||||||||
|
Conéctase con
| |||||||||||
|
Irrigado por
| |||||||||||
|
Inervado por
| |||||||||||
|
Músculo antagonista
| |||||||||||
|
Acción muscular
| |||||||||||
|
Orixe do músculo
| |||||||||||
|
Inserción do músculo
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||
O músculo pronador redondo é un músculo do membro superior humano situado na rexión anterior do antebrazo.
Orixe e insercións
[editar | editar a fonte]A súa orixe áchase no epicóndilo medial do úmero e na crista supracondílea do mesmo óso. Algunhas febras parten do bordo medial da apófise coronoide do cúbito. A inserción caudal localízase na superficie lateral da diáfise radial.
Función
[editar | editar a fonte]A principal función do pronador redondo é a pronación do antebrazo, xirando a man cara a atrás, aínda que tamén realiza unha pequena flexión do cóbado ou axuda a flexionalo cando exista unha forte resistencia.
Innervación
[editar | editar a fonte]É innervado polo nervio mediano.
Vascularización
[editar | editar a fonte]Recibe pólas da arteria radial e da arteria cubital.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Músculo pronador redondo destacado en vermello
-
Corte transversal do antebrazo
-
Corte transversal a través dos extremos distais do radio e do cúbito
-
Disección músculos superficiais do brazo
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Músculo pronador redondo |