Músculo supinador curto
Aparencia
(Redirección desde «Músculo supinador»)
| Músculo supinador curto | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| m. supinator | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||
O músculo supinador curto é un músculo do membro superior humano pertencente ao compartimento posterior do antebrazo.
Orixe e insercións
[editar | editar a fonte]A orixe é dobre:
- A porción superficial ou umeral áchase no epicóndilo lateral do úmero. Hai febras de inserción no ligamento anular e no ligamento colateral radial.
- A porción fonda ten a súa orixe na crista do músculo supinador curto na superficie posterolateral do cúbito.
Ambas as dúas porcións únense e cobren a superficie posterior do radio na parte superior, para despois inserírense coma un único tendón na superficie lateral do mesmo óso, por encima da inserción do músculo pronador redondo.
Función
[editar | editar a fonte]Supina a man.
Innervación
[editar | editar a fonte]É innervado pola póla fonda do nervio radial.