Arteria radial
Aparencia
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2015.) |
Arteria radial | |
---|---|
Arteria radialis ![]() | |
![]() | |
Instancia de | arteria e clase de entidade anatómica ![]() |
Subclase de | subdivisión da arteria subclavia e entidade anatómica particular ![]() |
Parte de | sistema arterial ![]() |
Rama anatómica de | arteria braquial ![]() |
Ten rama anatómica | arteria recorrente radial, arteria palmar carpal radial, arteria dorsal carpal radial, nutrient artery of radius (en) ![]() ![]() |
Fontes e identificadores | |
MeSH | D017534 ![]() |
Thesaurus do NCI | C12838 ![]() |
Terminologia Anatomica 98 | A12.2.09.027 |
Descrito pola fonte
| |
[ Wikidata ] |
A arteria radial é unha arteria do membro superior humano situada no compartimento anterior do antebrazo. É unha rama da arteria umeral.
Traxecto e relacións
[editar | editar a fonte]Percorre a zona lateral do antebrazo. Na zona proximal vai por debaixo do músculo braquiorradial, para despois pasar por fóra do nervio radial e finalmente por dentro do tendón do músculo braquiorradial. Posteriormente entra no pulso pola zona lateral, dirixíndose cara ás bases dos metacarpianos I e II. Xa na man, as diversas ramas colaterais alimentan o dedo polgar e a cara lateral do dedo índice.
No antebrazo, a arteria radial dá lugar a tres ramas:
- Arteria recorrente radial.
- Unha pequena rama palmar para o carpo, que fai as achegas aos ósos e articulacións do pulso.
- A rama palmar superficial, que entra na man atravesando os músculos da eminencia tenar na base do polgar e se anastomosa co arco palmar arterial derivado da arteria cubital.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.