Músculo elevador da escápula
Aparencia
| Músculo elevador da escápula | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| m. levator scapulae | |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
O músculo elevador da escápula[1] ou angular da omoplata é un músculo do membro superior humano, pertencente á rexión do ombreiro. Orixínase nas apófises transversas das vértebras cervicais primeira e segunda e nos tubérculos posteriores das apófises transversas das vértebras C3 e C4.
Insírese na superficie posterior do bordo medial da escápula, dende o ángulo superior ata a espiña da escápula.
Función
[editar | editar a fonte]O elevador da escápula eleva a este mesmo óso. Non ten outras funcións de interese.
Innervación
[editar | editar a fonte]O músculo está innervado polo nervio dorsal da escápula e polos nervios espiñais de C3 e C4 directamente.
Imaxes
[editar | editar a fonte]- Posición do músculo elevador da escápula. Animación.
- Escápula esquerda. Superficie dorsal.
- Sección do colo a nivel da cervical C6.
- Músculos do colo. Vista lateral.
- Nervio hipogloso, plexo cervical e as súas ramas.
- O plexo braquial dereito coas súas ramas curtas (vista anterior).
- Músculo angular da omoplata (levator scapulae).
- Plexo braquial. Dissección profunda (vista anterolateral).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior (en castelán).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Vocabulario de medicina: (galego-español-inglés-portugués)" (PDF). Universidade de Santiago de Compostela. Consultado o 12 de setembro de 2016.