Músculo palmar curto
Aparencia
(Redirección desde «Músculo palmar breve»)
| Músculo palmar curto | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| m. palmaris brevis | |||||||||
| |||||||||
| Características | |||||||||
|
Irrigado por
| |||||||||
|
Inervado por
| |||||||||
|
Orixe do músculo
| |||||||||
|
Inserción do músculo
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
O músculo palmar curto é un músculo do membro superior humano, pertencente á man. É un pequeno músculo intrínseco da man, de forma cuadrangular. Sitúase baixo a pel e cobre os músculos da eminencia hipotenar, a arteria cubital e a rama superficial do nervio cubital na zona interna da palma. Orixínase na aponeurose palmar e no retináculo flexor e se insire na derme da pel do bordo medial da man.
Función
[editar | editar a fonte]O palmar curto deprime a conca da palma ao tensar a pel sobre a eminencia hipotenar e forma un suco nítido, o que pode mellorar a función de presa.
Innervación
[editar | editar a fonte]O palmar curto está innervado pola rama superficial do nervio cubital.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior (en castelán).