Compartimento anterior do brazo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Compartimento anterior do brazo
Sección axial superior do brazo.

O compartimento anterior do brazo é a parte anatomicamente anterior do brazo. Tamén pode ser denominado compartimento flexor debido a que acolle os músculos flexores do antebrazo. Contén o músculo braquial anterior, o bíceps braquial e o músculo coracobraquial. Por este compartimento discorre o nervio musculocutáneo, rama do plexo braquial e a arteria umeral.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.