Saltar ao contido

Mário César Cardoso de Pinna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMário César Cardoso de Pinna
Biografía
País de nacionalidadebrasileira
EducaciónUniversidade Federal do Río de Janeiro
Universidade da Cidade de Nova York
Actividade
Ocupaciónictiólogo e profesor universitario
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaPinna Editar o valor en Wikidata

Mário César Cardoso de Pinna é un ictiólogo brasileiro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Graduado en Bioloxía pola Universidade Federal do Rio de Janeiro en 1988, e Doutor en Bioloxía Evolutiva pola Universidade da Cidade de Nova York en 1993.[1][2]

En 2000 foi docente na Universidade de São Paulo. As súas actividades de investigación en zooloxía, céntranse na ictioloxía, especialmente na sistemática e na filoxenia dos siluriformes e os clupeiformes. Así mesmo algunhas das súas actividades tamén son a sistemática teórica e a popularización da teoría da evolución.

Foi investigador asociado no Museo Americano de Historia Natural (Nova York) e na Smithsonian Institution (Washington, DC), e profesor visitante e investigador no Museo Nacional de Historia Natural de Francia (París) desde 2014 a 2015.

Tamén exerce como editor asociado do Zoological Journal of the Linnean Society da Sociedade Linneana de Londres e Papeis Avulsos de Zoologia e é membro do consello editorial do International Journal of Ichthyology e da Revista Brasileira de Zoologia.

Actualmente é profesor titular do Museu de Zoologia da Universidade de São Paulo.

Co seu colega Naércio Aquino de Menezes foi o descritor da nova especie Pristigaster whiteheadi.[3][4]

Algunhas publicacións

[editar | editar a fonte]
  • Mário de Pinna, Jansen Zuanon, Lucia Rapp Py-Daniel & Paulo Petry (2017): "A new family of neotropical freshwater fishes from deep fossorial Amazonian habitat, with a reappraisal of morphological characiform phylogeny (Teleostei: Ostariophysi)". Zoological Journal of the Linnean Society 182 (1): 76–106. (Resume).
  • Meneces, N. A. & M. C. C. de Pinna (2000): "A new species of Pristigaster, with comments on the genus and redescription of P. cayana (Teleostei: Clupeomorpha: Pristigasteridae)". Proceedings of the Biological Society of Washington 113 (1): 238-248.

Algúns taxons nomeados por de Pinna

[editar | editar a fonte]

Abreviatura

[editar | editar a fonte]

A abreviatura de Pinna emprégase para recoñecer a Mário César Cardoso de Pinna como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]