Lume-1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Lume-1
Tipo2U
OrganizaciónAlén Space/Universidade de Vigo
Satélite deTerra
Data de inserción orbitalxoves 27 de decembro, 07.25.32 [1]
Data de lanzamentoxoves 27 de decembro, 03.07.18 horas (AM)
Foguete portadorSoyuz[2]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Vostochny
Obxectivo da misiónDar soporte de comunicación bidireccional a sensores de terra que detectan lume, desenvolvidos polo grupo Cima da Universidade de Vigo, así como prover unha conexión cos avións non tripulados, UAV, deseñados na Facultade de Enxeñaría da Universidade do Porto.[3][3]
Masa2,1 quilogramos
Dimensións20 x 10 x 10
Datos orbitais
Altura orbital490 quilómetros

O Lume-1 é un Cubesat do tipo 2U, cuarto satélite deseñado pola Universidade de Vigo, neste caso polo spin-off Alén Space, integrado dentro do proxecto FIRE-RS coa colaboración do Centre National de la Recherche Scientifique e da Universidade do Porto, co obxectivo da asistencia durante a extinción de incendios.

Equipamento[editar | editar a fonte]

O requisito do sistema FIRE-RS é o de prover ao satélite Lume-1 con alertas terrestres dos incendios detectadas por sensores locais. O satélite, posteriormente, retransmite esas alertas a estacións terrestres, encargadas de redirixir a posición do lume aos UAV. O UAV será desta maneira capaz de actualizar ao Lume-1 garantindo unha comunicación bidireccional coas estacións terrestres.

As especificacións do Lume-1 consisten nun software TOTEM Radio UHF M2M de carga útil e un transmisor en banda S, así coma un sistema HUMPL Humsat e un receptor UHF M2M.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]