Luisa Neubauer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Luisa Neubauer
"1JahrNurBlockiert", Demonstration von Fridays For Future, Berlin, 13.12.2019 (49214062363).jpg
Nacemento21 de abril de 1996
Lugar de nacementoHamburgo
NacionalidadeAlemaña
Alma máterUniversidade de Gotinga, University College de Londres, Marion-Dönhoff-Gymnasium e Kingham Hill School
Ocupaciónactivista, blogueira, ecoloxista, escritora e activista climática
Na rede
Twitter: Luisamneubauer Instagram: luisaneubauer TED: luisa_neubauer Musicbrainz: b11d3331-002d-4be7-be7c-fbe34937d877 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Luisa-Marie Neubauer, nada en Hamburgo o 21 de abril de 1996, é unha activista contra o cambio climático alemá.[1] É unha das principais organizadoras da folga escolar do movemento climático en Alemaña.[2] No seu discurso, avoga por unha política climática que cumpra o establecido no Acordo de París e que apoie o decrecemento produtivo. Neubauer é membro do partido político Alianza 90/Os Verdes e da organización Grüne Jugend.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Neubauer naceu en Hamburgo, Alemaña, e creceu no distrito de Hamburgo-Iserbrook, completando o seu bacharelato no Marion-Dönhoff-Gymnasium de Hamburgo-Blankenese. Desde 2015 estuda xeografía na Universidade de Göttingen.[4]

Inicios como activista[editar | editar a fonte]

Neubauer foi embaixadora xuvenil da organización non gobernamental ONE desde 2015.[5] Tamén foi membro doutras iniciativas como a Fundación para os Dereitos das Xeracións Futuras, 350.org, a Fundación Right Livelihood, a campaña Fossil Free e The Hunger Project.[1]

Mocidade polo Clima[editar | editar a fonte]

Luisa Neubauer na conferencia re:publica o 7 de maio de 2019.

A partir de 2019, Neubauer converteuse nunha das principais activistas do movemento Mocidade polo Clima. Moitos medios de comunicación refírense a ela como "a representante alemá do movemento". Neubauer rexeita as comparacións con activistas como Greta Thunberg, asegurando: "Estamos a construír un movemento de masas e chegando moi lonxe cos nosos métodos de mobilización e de captación de atención. O que Greta fai é incriblemente inspirador".[6]

Luisa-Marie Neubauer (esquerda) con Greta Thunberg (dereita) en marzo de 2019, durante unha protesta polo cambio climático en Hamburgo.

Neubauer non ve as folgas como un medio de afectar directamente á política. O máis importante é o traballo que hai detrás das folgas: "O que estamos a facer é incriblemente sustentable. Estamos a crear estruturas e convertendo os eventos en experiencias educativas. E estamos a liderar debates sobre os principios da protección climática".[6]

O 10 de xaneiro de 2020 anunciouse que Neubauer rexeitara unha oferta de Siemens para sentar na súa xunta enerxética. Nunha declaración, a activista manifestou: "Se aceptase, estaría obrigada a representar os intereses da compañía e nunca podería ser unha crítica independente de Siemens. Iso non é compatible co meu papel de activista climática".[7]

Máis tarde revelouse que Siemens, a pesar das protestas, seguiría adiante co seu proxecto co conglomerado indio Adani para explotar unha gran mina en Australia. En resposta, Neubauer - que previamente se referiu ao proxecto como un "erro inescusable" - declarou ante a axencia de noticias Deutsche Presse-Agentur: "Pedímoslle a Kaeser que fixese todo o posible para deter a mina Adani. En cambio, agora beneficiarase deste desastroso proxecto. Joe Kaeser está a cometer un erro imperdoable".[7]

Posicións[editar | editar a fonte]

Urxencia da acción climática[editar | editar a fonte]

Como autora convidada no blog oficial de WWF, Neubauer describiu a urxencia que percibía en relación co cambio climático:

"Séntese coma se estivésemos sentados nun coche a piques de conducir cara a un abismo. Pero en lugar de pisar o freo, aceleramos. Metéronnos neste coche sen que ninguén nos preguntase. Este abismo realmente existe. O cambio climático provocado polo home é real e agora estamos a experimentar os graves cambios que está a traer. E con "nós refírome á xeración que terá que lidar coas consecuencias máis que calquera outra. Os nosos condutores son os políticos, os responsables da toma de decisións e os directores executivos da industria que están a pisar o acelerador".[8]

O portal de noticias alemán Spiegel Online mencionou a Neubauer na súa lista de "mozas e fortes mulleres enfrontadas ás vellas forzas", na que tamén aparecen as activistas climáticas Greta Thunberg e Clara Mayer, a capitá de barco Carola Rackete e a futbolista profesional e crítica da xestión do presidente Donald Trump, Megan Rapinoe.[9]

Controversias[editar | editar a fonte]

Neubauer recibiu críticas negativas de parte de certos sectores da prensa por realizar voos a países remotos como Namibia, Estados Unidos, o Reino Unido, Hong Kong, Canadá e Marrocos.[10] Como resposta, declarou que toda crítica ao seu consumo persoal distráea de cuestións estruturais e políticas máis amplas.[11]

Aínda que se sitúa en contra da comparación entre o cambio climático e o Holocausto, afirmou no seu último libro que o cambio climático é o maior desastre da historia da humanidade. Neubauer rexeita as ideas de tratar as consecuencias climáticas por medio da xeoenxeñería e non cre que os coches eléctricos poidan realmente axudar a resolver o problema xeral da luxuria humana polo desmedido crecemento económico.[12]

Fai responsable á clase política de hoxe, especialmente ao home branco do hemisferio norte, pola súa lentitude na implementación das medidas climáticas necesarias. Por tanto, cre que os habitantes do hemisferio norte deben diminuír os seus niveis de consumo habituais en beneficio do futuro do planeta.[12]

Alexander Straßner, profesor de ciencias políticas na Universidade de Ratisbona, acusouna de usar o termo “vellos brancos” como sinónimo de persoas con opinións diferentes para desacreditalas.[13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 ""Bewerbung um einen Platz im Europawahlkampfteam der Grünen Jugend"" (en alemán). 9 de febreiro de 2019. Archived from the original on 09 de febreiro de 2019. Consultado o 5 de marzo de 2020. 
  2. Graham-Harrison, Emma (10 de agosto de 2019). "Greta Thunberg takes climate fight to Germany’s threatened Hambach Forest". The Observer (en inglés). ISSN 0029-7712. Consultado o 5 de marzo de 2020. 
  3. "From Greta to Luisa, youths spearhead climate movement" (en inglés). 27 de maio de 2019. Consultado o 5 de marzo de 2020. 
  4. Schmalen, Lothar. "Luisa Neubauer: Das Gesicht der Klima-Bewegung" (en alemán). Consultado o 5 de marzo de 2020. 
  5. "„Warum geht mich das etwas an?“" (en alemán). Consultado o 5 de marzo de 2020. 
  6. 6,0 6,1 "Schülerstreik: Organisatorin Luisa Neubauer im Interview" (en alemán). 1 de marzo de 2019. Consultado o 5 de marzo de 2020. 
  7. 7,0 7,1 "Climate activist turns down Siemens' offer of seat on energy board" (en inglés). 13 de xaneiro de 2020. Consultado o 5 de marzo de 2020. 
  8. "Fridays for Future: Schulstreik für Kohleausstieg" (en alemán). 24 de xaneiro de 2019. Consultado o 5 de marzo de 2020. 
  9. "Eiskönigin Elsa, die Zeichentrickvariante von Greta Thunberg" (en alemán). Consultado o 5 de marzo de 2020. 
  10. "Grüne, Klimaschützer und Vielflieger" (en alemán). Consultado o 5 de marzo de 2020. 
  11. Siebert, Jasmin. "Luisa Neubauer" (en alemán). Consultado o 5 de marzo de 2020. 
  12. 12,0 12,1 Neubauer, Luisa; Repenning, Alexander (16 de outubro de 2019). Vom Ende der Klimakrise: Eine Geschichte unserer Zukunft (en alemán). Tropen. ISBN 978-3-608-11567-3. Consultado o 5 de marzo de 2020. 
  13. Straßner, Alexander (2019-07-11). "Ein Hilfeschrei der Jugend? Eher ein Vorbote extremistischen Denkens". welt.de (en alemán). Consultado o 2020-01-14.