Carola Rackete
(2024) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 8 de maio de 1988 Preetz (Alemaña do Oeste) |
Representa: político independente 16 de xullo de 2024 – 15 de setembro de 2025 – Martin Günther → Lexislatura: X lexislatura do Parlamento Europeo Circunscrición electoral: Alemaña Electa en: eleccións ao Parlamento Europeo de 2024 | |
| Datos persoais | |
| Educación | Edge Hill University (en) Jade University of Applied Sciences (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | capitá de barco, conservacionista, activista, política |
| Empregador | Sea-Watch (en) British Antarctic Survey (pt) Greenpeace |
| Carreira militar | |
| Comandante de (OBSOLETO) | Sea-Watch 3 (en) |
| Cronoloxía | |
| 29 de xuño de 2019 | arrest (en) |
| Premios | |
| |
| Sitio web | carolarackete.eu |
Carola Rackete, nada en Preetz en 1988, é unha capitá e activista social alemá.
Tornouse famosa internacionalmente en xuño de 2019, tras o desembarque forzoso na illa italiana de Lampedusa co barco humanitario Sea-Watch 3.[1] Como resultado das súas accións, foi detida polas autoridades italianas arriscándose a unha pena de 10 anos de prisión. Aínda que non foi a única persoa procesada por axudar migrantes en Europa, a súa detención considerouse un símbolo.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Carola Rackete naceu en Preetz, unha cidade media do norte de Alemaña preto de Kiel, mais creceu en Hambühren. O seu pai, Ekkehart Rackete é enxeñeiro electrónico e un exmilitar do exército alemán.[3]
Despois de graduarse en ciencias náuticas na Universidade de Jade (Baixa Saxonia), navegou durante dous anos en expedicións científicas no Ártico e na Antártida no marco das accións do Instituto Alemán Alfred Wegener para a investigación polar e mariña.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La capitana del Sea Watch, detinguda en atracar al port de Lampedusa amb quaranta migrants". Vilaweb. 29 de xuño de 2019. Consultado o 29 de xuño de 2019.(en catalán)
- ↑ Gutiérrez, Icíar. "El caso de Carola Rackete no es una excepción: 158 personas han sido procesadas en la UE por ayudar a migrantes desde 2015". eldiario.es (en castelán). Consultado o 2 de xullo de 2019.
- ↑ "Parlano i genitori di Carola Rackete: fieri di nostra figlia, sta facendo la cosa giusta". Globalist.it. 28 de xuño de 2019. Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2019. Consultado o 30 de xuño de 2019.(en italiano)