Saltar ao contido

Clara Mayer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaClara Mayer

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2001 Editar o valor en Wikidata (22/23 anos)
Actividade
Ocupaciónactivista climática Editar o valor en Wikidata

Clara Marisa Mayer, nada no 2001, é unha activista contra o cambio climático alemá. É a portavoz de prensa do movemento internacional Mocidade polo clima en Berlín[1] e obtivo amplo recoñecemento tralo seu discurso na reunión de accionistas de Volkswagen de 2019.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Mayer obtivo recoñecemento despois do seu discurso na xunta de accionistas da marca Volkswagen en maio de 2019, no que afirmou que "o que se está facendo polo medio ambiente non é suficiente", acusando ademais á xeración dos seus pais e os seus avós por non preocuparse o suficiente polo mundo que herdaron aos mozos.[1][3]

Mayer (esquerda) nunha manifestación da organización Mocidade polo clima en Berlín.

Como portavoz do movemento Mocidade polo clima en Berlín, foi convidada ó programa de variedades de Markus Lanz en agosto e a Auf dean Punkt, da cadea Deutsche Welle, en decembro de 2019, ademais de aparecer en varios medios impresos e virtuais.[4][5] Mayer foi unha das organizadoras da folga climática do 20 de setembro de 2019, na que máis de 100 mil persoas saíron ás rúas de Berlín nunha protesta pacífica. No marco desta actividade, Mayer manifestou: "Sorpréndenos que os políticos nos ignorasen e que aínda o sigan facendo, a pesar de reunir a tantos manifestantes este ano".[6] O 3 de outubro participou nunha manifestación antifascista contra o despregamento de extremistas de dereita en Berlín, sendo atacada por grupos e persoas que pertencen a esta corrente política.[7]

O portal de noticias alemán Spiegel Online mencionou a Mayer na súa lista de "mozas e fortes mulleres enfrontadas ás vellas forzas", na que tamén aparecen as activistas climáticas Luisa Neubauer e Greta Thunberg, a capitá de barco Carola Rackete e a futbolista profesional e crítica da xestión do presidente Donald Trump, Megan Rapinoe.[8]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Mayer se graduó da Schiller-Gymnasium de Berlín en 2019. Logo realizou voluntariado nunha unidade de coidados intensivos. Na actualidade reside en Berlín.[4]

  1. 1,0 1,1 "Fridays for Future: una piedra en el zapato para los políticos". Consultado o 5 de marzo de 2020. 
  2. Bremer, Alina (4 de febreiro de 2020). "Wegen dieses Fotos: Klima-Aktivistin legt sich mit Düsseldorfer Schauspielhaus an" (en alemán). Consultado o 5 de marzo de 2020. [Ligazón morta]
  3. Stössel, Sonja (25 de maio de 2019). "Die jungen Frauen und der Protest". DIE WELT (en alemán). Consultado o 5 de marzo de 2020. 
  4. 4,0 4,1 Unfried, Peter (17 de decembro de 2019). "Fridays for Future und die Zukunft: Wie geht es weiter, Clara Mayer?". Die Tageszeitung (en alemán). ISSN 0931-9085. Consultado o 5 de marzo de 2020. 
  5. "Fridays for Future: Effektiver Protest, unklare Perspektive" (en alemán). Consultado o 5 de marzo de 2020. 
  6. Nabert, Alexander (10 de outubro de 2019). "Fridays-for-Future-Sprecherin: Blanker Hass gegen Klimaaktivistin". Die Tageszeitung: taz (en alemán). ISSN 0931-9085. Consultado o 5 de marzo de 2020. 
  7. Schulz, Bert (7 de xaneiro de 2020). "Fridays for Future in Berlin: Protest-Ferien verlängert". Die Tageszeitung (en alemán). ISSN 0931-9085. Consultado o 5 de marzo de 2020. 
  8. "Eiskönigin Elsa, die Zeichentrickvariante von Greta Thunberg" (en alemán). Consultado o 5 de marzo de 2020.