Luis José Díaz Salas
Biografía | |
---|---|
Actividade | |
Ocupación | artista, medallista |
Luis José Díaz Salas, nado en 1967, é un deseñador de moedas español, coñecido pola súa imaxes dos reis Xoán Carlos I e Filipe VI nos anversos das moedas de un e de dous euros de España.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Luis José Díaz Salas leva traballando desde 1986 como deseñador e gravador de moedas na Real Casa da Moeda - Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT), de Madrid,[1] igual que a súa esposa, Begoña Castellanos.[2] Díaz Salas é autor de máis dun cento de moedas, tanto circulantes como conmemorativas, dos sistemas da peseta e do euro.[3][4]
En 1987 creou o seu primeiro deseño para a FNMT, o reverso da moeda de 500 pesetas,[5] que en 1993 incorporou a novidade técnica coñecida como "imaxe latente", para dificultar a falsificación.[6] Durante a década de 1990 creou varias das moedas máis populares de curso legal en España co seu valor en pesetas, así como un bo número de moedas conmemorativas.[2][4]
Coa chegada do euro, o seu deseño co busto do rei Xoán Carlos I foi o escollido para os anversos da serie de moedas bimetálicas de un e de dous euros, que comezaron a cuñarse en 1999. De igual xeito, a el débeselle tamén o busto de Filipe VI emitidas a partir de 2015. Ademais, foi o creador de varias moedas conmemorativas en euros cuñadas pola RCM-FNMT destinadas especificamente ao coleccionismo e ao investimento,[4] entre elas a de 30 euros emitida con motivo da entronización de Filipe VI, a primeira conmemorativa a nome do novo monarca.[7][3]
En 2003 e 2004 ocupouse tamén do deseño dos reversos de dúas moedas conmemorativas uruguaias dedicadas ao centenario da UEFA e ao Campionato Mundial de Fútbol de Alemaña en 2006, cuñadas na ceca pública española.[1][4][8]
Escolma de traballos
[editar | editar a fonte]-
500 pesetas (1993). Imaxe latente (reverso).[13]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Luis Jose Díaz Salas (1967-)". Nat.museum-digital.de
- ↑ 2,0 2,1 "Luis José Díaz Sala". Conoce tu moneda.
- ↑ 3,0 3,1 Martínez Gallego, J. M. (2014). "Luis José Díaz Salas: 'Gustó más la imagen del rey Felipe VI con uniforme militar que con traje de civil' Arquivado 10 de outubro de 2022 en Wayback Machine.". En Numismático Digital. 3 de decembro.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Moedas deseñadas por Luis José Díaz Salas. Numista.com
- ↑ "500 Pesetas - Juan Carlos I (1987-1990)". Numista.com
- ↑ "500 Pesetas - Juan Carlos I (1993-2001)". Numista.com
- ↑ "30 Euro - Felipe VI Accession". Numista.com
- ↑ "Monedas de la República Oriental del Uruguay". Monedasuruguay.com
- ↑ "5 Pesetas Islas Baleares". Numista.com
- ↑ "25 Pesetas Ceuta". Numista.com
- ↑ "50 Pesetas - Juan Carlos I". Numista.com
- ↑ "200 Pesetas Juan Luis Vives". Numista.com
- ↑ "500 Pesetas - Juan Carlos I". Numista.com
- ↑ "2000 Pesetas - Juan Carlos I Bank of Spain". Numista.com
- ↑ "2000 Pesetas - Juan Carlos I Goya". Numista.com
- ↑ "2000 Pesetas - Juan Carlos I Cervantes". Numista.com