Dinemellia dinemelli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Dinemellia")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Dinemellia dinemelli
Dinemellia dinemelli no Parque Nacional de Serengeti
Dinemellia dinemelli no Parque Nacional de Serengeti
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Suborde: Oscines
Infraorde: Passerida
Superfamilia: Passeroidea
Familia: Ploceidae
Xénero: Dinemellia
Reichenbach, 1863
Especie: D. dinemelli
Nome binomial
Dinemellia dinemelli
(Rüppell, 1845)
Subespecies
Véxase o texto

Dinemellia dinemelli é unha especie de ave da orde dos paseriformes, suborde dos oscines, infraorde dos paséridos, e familia dos ploceidos.

Trátase dunha especie monotípica, xa que é a única do xénero Dinemellia.

Endémica da África oriental,[2] o seu nome en inglés, white-headed buffalo weaver, alude ao seu hábito de seguir ao búfalo africano (Syncerus caffer), para alimentarse dos insectos escorrentados polos pasos deste gran bóvido.[3]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

Xénero[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1863 polo botánico e ornitólogo alemán Ludwig Reichenbach.[4]

Especie[editar | editar a fonte]

En canto a especie, describíraa en 1845 o naturalista, tamén alemán, Eduard Rüppell,[3][4] co nome de Textor dinemelli,[5] na páxina 72 da súa obra Systematische Uebersicht der Vogel Nord-Ost-Afrikas.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Tanto o nome do xénero, Dinemellia, como o epíteto específico, dinemelli, derivan do apelido Dimenelli, dun recolector de espécimes en Etiopía.[5][6]

Subespecies[editar | editar a fonte]

Nesta especie recoñécense as dúas subespecies seguintes:[7][8]

Características[editar | editar a fonte]

É unha ave que mide entre 17 e 19 cm de lonxitude, e ten un peso que oscila entre os 57 e os 85 g.[3] A cabeza, o pescozo e as partes inferiores do corpo son de cor branca.[9] As ás, as partes dorsais e a cola son de cor parda, coa pate baixa da cola de cor avermellada ou alaranxada. Non existe dimorfismo sexual na especie, e ambos os sexos son similares na plumaxe e difíciles de diferenciar. O peteiro é cónico e de cor negra.[3] A subespecie D. d. dinemelli ten a cola de cor parda, mentres que D. d. boehmi a ten negra.

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

Esta ave é orixinaria dos países da África oriental: Etiopía, Djibuti, Kenya, Somalia, Sudán, Sudán do Sur, Tanzania e Uganda.[1]

O seu hábitat natural inclúe sabanas, matogueiras de arbustos espiñentos e bosques de acacias.[1][3]

Polo xeral, só se encontra a altitudes inferiores aos 1 400 m.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 BirdLife International (2018): Dinemellia dinemelli na Lista vermella da UICN.
  2. Dinemellia dinemelli en BirdLife International.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "White-headed Buffalo-Weaver.Dinemellia dinemelli". Oiseaux-birds.com. Consultado o 17 de abril de de 2019. 
  4. 4,0 4,1 Dinemellia Reichenbach, 1863 no ITIS.
  5. 5,0 5,1 Jobling, James A (2010): dinemelli, e Dinemellia en The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London, UK: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4, p. 136.
  6. Bo Beolens, Michael Watkins & Michael Grayson (2014): The Eponym Dictionary of Birds. London, UK: Christopher Helm. ISBN 978-1-4729-0573-4.
  7. Dinemellia dinemelli (Rüppell, 1845) no ITIS.
  8. White-headed Buffalo-weaver. Dinemellia dinemelli en The Internet ICB Bird Collection.
  9. "White-headed Buffalo-Weaver". Kenya Birds. Arquivado dende o orixinal o 6 de xaneiro de 2012. Consultado o 17 de abril de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A., Fishpool, L. D. C.; Boesman, P. & Kirwan, G. M. (2016): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 2: Passerines. Barcelona / Cambridge, UK: Lynx Edicions / BirdLife International. ISBN 978-84-9655-398-9.
  • Fry, C. H. & Keith, S. (2004): The birds of Africa. Volume VII. London, UK: Christopher Helm. ISBN 978-0-7136-6531-4.
  • VV. AA. (1986): Enciclopèdia Natura de los Animales. Voluma 4. Aves, Barelona: Editorial Orbis, S. A. ISBN 84-7634-433-5, pp. 424 – 427.
  • Williams, John G. & Arlott, Norman (1985): A Field Guide to the Birds of East Afica. London, UK: Collins. ISBN 0-0021-9172-2, p. 381.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]