Luís de Freitas Branco
Luís de Freitas Branco | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 12 de outubro de 1890 |
Lisboa | |
Falecemento | 27 de novembro de 1955 |
Lisboa | |
Nacionalidade | Portugal |
Ocupación | compositor |
Coñecido por | Sinfonía nº 5 e Sinfonía nº 4 |
Premios | Oficial da Ordem Militar de Sant'Iago da Espada |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Luís de Freitas Branco, nado en Lisboa o 12 de outubro de 1890 e finado na mesma cidade o 27 de novembro de 1955, foi un compositor portugués e unha das máis importantes personalidades da cultura portuguesa do século XX.
Biografía[editar | editar a fonte]
Desenvolveu a súa actividade en diversas áreas da vida cultural. Educado no medio familiar, axiña tomou contacto coa música, estudando violín e piano. Aos 14 anos xa compuña cancións que alcanzaron unha gran popularidade. Ao 17 anos comezou a súa tarefa como crítico musical no Diário Ilustrado. Tamén estudou órgano.
En 1910 instálase en Berlín co fin de estudar composición, música antiga e metodoloxía da historia da música. En maio de 1911 viaxou a París, onde tivo ocasión de coñecer a Claude Debussy e a corrente estética impresionista. En 1916 foi nomeado director do Conservatorio de Lisboa. Entre 1919 e 1924 foi subdirector.
Mantivo relacións estreitas con diferentes personaxes da vida cultural portuguesa, como Bento de Jesus Caraça e António Sérgio.
A partir de 1940 é acusado de irreverente por comportarse de xeito "impropio" nas aulas e por feitos da súa vida privada, sufrindo un proceso que culminaría na súa suspensión como docente do Conservatorio. A partir de entón dedicouse á radio e aos seus discípulos.