Pedro de Freitas Branco
Nome orixinal | (pt) Pedro António da Costa de Freitas Branco |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 31 de outubro de 1896 Lisboa, Portugal |
Morte | 24 de marzo de 1963 (66 anos) Lisboa, Portugal |
Actividade | |
Ocupación | director de orquestra, compositor |
Xénero artístico | Música clásica |
Alumnos | Berta Alves de Sousa (pt) |
Instrumento | Violín |
Familia | |
Cónxuxe | Q118139017 |
Premios | |
Pedro de Freitas Branco, nado en Lisboa en 1896 e finado ibídem en 1963 foi un director e compositor portugués.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Vida e carreira
[editar | editar a fonte]Branco naceu en Lisboa, e estudou música con Tomás Vaz de Borba e Luís de Freitas Branco (o seu irmán máis vello).[1] Fundou a Compañía de Ópera Portuguesa en 1926, e dirixiu a orquestra sinfónica estatal desde 1934.[2]
Branco fixo o seu debut en París en 1932 nun concerto de música de Maurice Ravel na Salle Pleyel dirixindo Daphnis et Chloé, Pavane pour une infante defunte, Rapsodie espagnole, La valse e Boléro. Nese mesmo concerto Ravel dirixiu a estrea do seu Concerto para piano en sol maior.
Na década de 1940 Branco era considerado o director principal de Lisboa.[3] En 1943 dirixiu na Bienal de Venecia. Dirixiu como convidado noutros países europeos, como Francia, Alemaña, España e Gran Bretaña.[2]
Pasamento
[editar | editar a fonte]Branco morreu en Lisboa en 1963, aos 66 anos.[1]
Valoracións
[editar | editar a fonte]Segundo algúns, non era un director especialmente bo,[4] e cando o concerto con Maurice Ravel foi gravado pouco despois da estrea, o seu nome apareceu como director na etiqueta do disco e nos anuncios, pero de feito Branco dirixiu a orquestra baixo a supervisión de Ravel nas sesións de gravación.[5]
A cantante Astra Desmond eloxiou a Branco "a súa magnífica musicalidade, a súa inmersión no espírito e no estilo de calquera compositor que toque, o seu entusiasmo sen límites e o seu completo abnegación".[3] The Times observou que estaba no seu mellor momento en "música de gran brillo textual, especialmente na obra de Berlioz, Stravinsky e Richard Strauss".[1]
Gravacións
[editar | editar a fonte]As gravacións realizadas por Branco inclúen:
- Beethoven – Concerto para violín (David Oistrakh, solista)
- Falla – El amor brujo
- Falla – El retablo de maese Pedro
- Falla – El sombrero de tres picos, Suite núm. 2
- Hindemith – Overture Neues vom Tage
- Ravel – Alborada del gracioso
- Ravel – Boléro
- Ravel – La valse
- Ravel – Pavane pour un infante defunte
- Ravel – Concerto para piano en sol maior ( Marguerite Long, solista)
- Ravel – Valses nobles et sentimentales
- Roussel – Suite en F
- Schumann - Sinfonía nº 2
- Stravinsky - A consagración da primavera
- Tchaikovsky – Concerto para violín (David Oistrakh, solista)
- Vaughan Williams – Sinfonía no 9
- Weber – Overture Der Freischütz
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Obituary", The Times, 26 March 1963, p. 14
- ↑ 2,0 2,1 Kennedy, Michael, and Joyce Bourne Kennedy "Freitas Branco, Pedro de",The Concise Oxford Dictionary of Music, Oxford University Press, 2007. Consultado o 20 de xuño de 2020 (require subscrición)
- ↑ 3,0 3,1 "Music in the Peninsula", The Times, 9 de xaneiro de 1942, p. 6
- ↑ Nichols, p. 92
- ↑ Orenstein, p. 536
- ↑ "'Pedro de Freitas Branco'". www.worldcat.org (en inglés). Consultado o 2022-08-04.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Música clásica |
A Galipedia ten un portal sobre: Portugal |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Nichols, Roger (1987). Ravel remembered. Londres. ISBN 978-0-571-14986-5.
- Orenstein, Arbie (2003). A Ravel reader. Dover. ISBN 978-0-486-43078-2.