Luís Castedo Ribas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Infotaula de personaLuís Castedo Ribas
Biografía
Nacemento1966 Editar o valor em Wikidata (57/58 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Catedrático de universidade
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalLicenciatura e doutoramento en Enxeñaría de telecomunicacións
EducaciónUniversidade Politécnica de Madrid - grao en enxeñaría de telecomunicación, Doutor en filosofía Editar o valor em Wikidata
Director de teseJuan Ramón Vidal Romaní Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro , informático teórico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade da Coruña
LinguaInglés, castelán
Obra
DoutorandoMónica Fernández Bugallo Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiLuís Castedo Expósito Editar o valor em Wikidata


Luis Castedo Ribas, nado en Santiago de Compostela en 1966, é un enxeñeiro de telecomunicacións galego, catedrático da Universidade da Coruña,[1] da que foi candidato a reitor en 2011.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formación[editar | editar a fonte]

Fillo de Luís Castedo Expósito, despois de estudar o bacharelato en Santiago, marchou a Madrid para estudar enxeñaría de telecomunicacións na Universidade Politécnica. Alí licenciouse como enxeñeiro de telecomunicación en 1990, e en 1993 alcanzou o grao de doutor enxeñeiro de telecomunicación.[1]

Nese ano completou estudos na Universidade de Southern California e na École supérieure d'électricité de Francia.[Cómpre referencia]

Ao ano seguinte entrou a traballar como profesor titular na Facultade de Informática da Coruña, e en 2001 conseguiu a praza de catedrático, nesa Facultade, na que permanece actualmente.[1]

Labor investigador[editar | editar a fonte]

Desde 1994 é Director do Grupo de Tecnoloxía Electrónica e Comunicacións (GTEC) da UDC. As súas liñas de investigación son o procesado de sinal e teoría da información en sistemas de comunicacións sen fíos e o prototipado de equipos terminais de comunicacións sen fíos. Participou en máis de 30 proxectos de investigación financiados a través de convocatorias competitivas de entidades públicas a nivel autonómico, estatal e europeo, na maioría deles como investigador principal. Participou en máis de 25 convenios de transferencia de teconoloxía con entidades privadas. Particiou en diferentes comisións de avaliación de proxectos de investigación a nivel autonómico e estatal. Foi membro do comité científico de diferentes congresos nacionais e internacionais, e foi presidente dos Comités Organizadores do XVIII Symposium Nacional da URSI 2003 na Coruña, do Eighth IEEE Sensor Array and Multichannel Signal Processing Workshop (SAM 2014) na Coruña, e do 27th European Signal Processing Conference (EUSIPCO 2019) na Coruña. É coinventor dunha patente.[1]

Cargos desempeñados[editar | editar a fonte]

Desempeñou (ou desempeña) os seguintes cargos:[1]

  • Secretario do Departamento de Electrónica e Sistemas da UDC (1997–2000).
  • Membro da Comisión de Doutoramento da UDC (2002–2008).
  • Director do Departamento de Electrónica e Sistemas da UDC (2003–2009).
  • Vogal da Xunta Directiva do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG) (desde 2009).
  • Vogal da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA) da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) (desde 2013).
  • Xestor do Programa Tecnoloxías Electrónicas e de Comunicaciones (TEC), Subprograma Tecnoloxías de Comunicacións (TCM), da Subdirección General de Proyectos de Investigación de la Dirección General de Investigación Científica e Técnica do Ministerio de Economía e Competitividade (desde 2014).
  • Membro do CHIST-ERA Scientific Advisory Board (desde 2014).[2]

Candidato a reitor da universidade[editar | editar a fonte]

O doutor Castedo presentouse ás eleccións a reitor en 2011. Na primeira volta, celebrada o 1 de decembro, conseguiu 1 140 votos ponderados, o 22 %, co que pasou á segunda volta contra o candidato continuador Xosé Luís Armesto (33 %)[3]. Na segunda volta, celebrada o 13 de decembro de 2011, Armesto impúxose a Castedo (48,8 %) e alcanzou o reitorado cun 51,2 %[4]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Castedo Ribas é coautor de máis de 60 artigos en revistas científicas internacionais indexadas, coautor de máis de 170 artigos en congresos científicos internacionais con revisión por pares e coautor de tres capítulos de libros.[1] (Ver 284 referencias de publicacións de Luis Castedo aquí.)

Artigos en libros[editar | editar a fonte]

O profesor Castedo publicou os seguintes artigos en libros:[5]

  • "Supresión ciega de interferencias de acceso múltiple en sistemas CDMA multiportadora", con Joaquín Míguez, en XIII Simposium Nacional de la Unión Científica Internacional de Radio, Pamplona, 16, 17 e 18 de setembro de 1998. Libro de actas, 1998, ISBN 84-89654-12-3, páxs. 173-174.
  • "Análisis de estabilidad de algoritmos de separación de fuentes", con Adriana Dapena e Cristina Mejuto, en XIII Simposium Nacional de la Unión Científica Internacional de Radio: Pamplona, 16, 17 e 18 de setembro de 1998. Libro de actas, 1998, ISBN 84-89654-12-3, páxs. 425-426.
  • "Técnica de proyección para cancelación de interferencias en sistemas CDMA multiportadora", con Daniel Iglesia e Carlos J. Escudero Cascón, en XIII Simposium Nacional de la Unión Científica Internacional de Radio: Pamplona, 16, 17 e 18 de setembro de 1998. Libro de actas, 1998, ISBN 84-89654-12-3, páxs. 175-176.
  • "Blind adaptive beamforming using the spectral line generation property of CPFSK signals", con Daniel Iglesia, Adriana Dapena e Cristina Mejuto", en Fourth Baiona Workshop on Intelligent Methods for Signal Processing and Communications: based on the proccedings of a conference organized by the University of Vigo, Baiona, xuño de1996 / Domingo Docampo Amoedo (ed. lit.), Aníbal Ramón Figueiras Vidal (ed. lit.), Fernando Pérez González (ed. lit.), 1996, ISBN 84-8158-043-0, páxs. 96-100.

Algúns artigos en revistas[editar | editar a fonte]

  • "Detección Automática de Eventos en el Taller de Tuberías del Astillero 4.0", con Paula Fraga-Lamas Lamas, Tiago M. Fernández Caramés, Diego Noceda Davila, Manuel A. Díaz Bouza, Miguel Vilar Montesinos e José Daniel Pena Agras, en Bit, ISSN 0210-3923, Nº 206 (novembro de 2017), 2017, páxs. 29-33.[6]

Teses de doutoramento dirixidas ou codirixidas[editar | editar a fonte]

O doutor Castedo dirixiu, ou codirixiu, 14 teses de doutoramento.[1][7]

Premios[editar | editar a fonte]

Castedo foi acredor dos seguintes premios:[1]

  • Best Paper Award, no Congreso IEEE/ITG Workshop on Smart Antennas (WSA), celebrado en Viena, Austria, en febreiro de 2007.
  • Best Paper Award, no Congreso 14th IEEE International Workshop on Signal Processing Advances in Wireless Communications (SPAWC 2013), celebrado en Darmstadt, Alemaña, en xuño de 2013.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]