Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia
Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | consorcio e accrediting body (en) ![]() ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Director/a
| ||||
Actividade | ||||
Industria | educational accreditation (en) ![]() ![]() | |||
Data | ||||
Fundación | 30 de xaneiro de 2001 ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia ![]() | |||
País | España ![]() | |||
Enderezo | Rúa de Lamas de Abade, 0 S/N, 15702 Santiago de Compostela, A Coruña ![]() | |||
Sede | Santiago de Compostela ![]() | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | acsug.es… ![]() | |||
[ Wikidata ] |
A Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) é un consorcio creado entre a Xunta de Galicia e as tres universidades galegas (USC, UdC e UVi) coa finalidade de velar polo prestixio e recoñecemento do Sistema Universitario de Galicia entre as institucións universitarias a nivel estatal, europeo e internacional. O seu director é José Eduardo López Pereira.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi creada o 30 de xaneiro de 2001 baixo dúas perspectivas: baseándose nas experiencias previas no campo da avaliación das novas tendencias internacionais e, fundamentalmente, das recomendacións do Consello de Europa sobre cooperación europea para a garantía da calidade no ensino superior. Búscase a inclusión da calidade das universidades no novo programa de financiamento (destinando unha parte dos recursos á mellora do ensino, xestión etc.).
Está dotada de personalidade xurídica plena, e conta coa independencia necesaria para desenvolver os obxectivos con rigor e respecto á autonomía universitaria.
Preténdese que as universidades galegas se caractericen polo desenvolvemento desta autonomía, respondendo ás necesidades socioeconómicas e culturais concretas e específicas do contexto galego, ao tempo que se busca a integración de forma competitiva no contexto universitario, integrándose no Espazo Europeo de Educación Superior.