Alcantarilla
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Rexión de Murcia | ||||
| Capital | Alcantarilla | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 43.876 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 15,7 km² | ||||
| Altitude | 71 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Creación | 730 | ||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Lázaro Mellado Sánchez | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 30820 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 30005 | ||||
| Sitio web | alcantarilla.es | ||||

Alcantarilla é un municipio español da Rexión de Murcia, situado na comarca da Huerta de Murcia. O seu termo municipal ten unha extensión de 16,24 km² e a súa poboación é de 41.326 habitantes (2010), cunha densidade de 2529,8 hab/km², sendo a máis alta da Rexión. A altura sobre o nivel do mar no centro urbano varía entre os 55 e os 95 metros.
As festas son en maio e a patroa de Alcantarilla é a Nosa Señora da Saúde.
Ten tamén grande arraigamento a súa Semana Santa, onde procesionan 11 Irmandades e Confrarías agrupadas na Xunta de Irmandades Pasionarias de Alcantarilla. Entre elas, a Real Irmandade do noso Pai Xesús Nazareno e Cristo do Calvario.
Nas proximidades do seu termo municipal aséntase a Base Aérea de Alcantarilla, base do EZAPAC (Escuadrón de Zapadores Paracaidistas do Exército do Aire) e da Escola Militar de Paracaidismo Méndez Parada.
O nome vén do árabe Al-qantara, ponte; co diminutivo castelán, quere dicir pontiña (aínda que realmente e ao estar pouco estendido pouca xente sabe isto). Denominárona Qantara-Asqabach, ou Ascayata, traducido como a ponte máis próxima, á que alude Al-Idrisi, entre Murcia e Librilla, no camiño de Almería no século XII.
