Anzoátegui
| Himno | Anthem of Anzoátegui State (en) | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Lema | «Tumba de sus tiranos» | ||||
| Epónimo | José Antonio Anzoátegui | ||||
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | Venezuela | ||||
| Capital | Barcelona | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 1.440.875 (2011) | ||||
| Lingua usada | Lingua kali'na Chaima (en) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 43.300 km² | ||||
| Altitude | 292 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Creación | 1909 | ||||
| Organización política | |||||
| Órgano lexislativo | Legislative Council of Anzoátegui (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| ISO 3166-2 | VE-B | ||||
| Sitio web | anzoategui.gob.ve | ||||
Anzoátegui é un dos 23 estados federais de Venezuela. A súa capital e cidade máis poboada é Barcelona. Atópase na rexión nororiental do país, limitando ó norte co mar Caribe (océano Atlántico), ó nordeste con Sucre, ó leste con Monagas, ó sur co río Orinoco que o separa de Bolívar, ó oeste con Guárico e ó noroeste con Miranda. Con 43 300km² é o sexto estado máis extenso (por detrás de Bolívar, Amazonas, Apure, Guárico e Zulia) e con 1 440 875 habitantes (segundo o INE de Venezuela) é o sétimo máis poboado, por detrás de Zulia, Miranda, Carabobo, Distrito Capital, Lara e Aragua.[1]
Posúe 21 concellos e 49 parroquias civís. As súas principais cidades son: Barcelona, Puerto La Cruz, Puerto Píritu, Pariaguán, Lechería, Guanta, El Tigre, Anaco e Cantaura.
Historia
[editar | editar a fonte]Leva o nome do heroe da independencia venezolana, José Antonio Anzoátegui (1789–1819). A cidade de Barcelona, que é a capital do estado, foi fundada en 1677. O presente estado Anzoátegui foi incluído dentro da provincia de Cumaná, que formaba á súa vez parte da Capitanía Xeneral de Venezuela, xunto coas provincias de (Güiana, Maracaibo, Caracas, Margarita e Trinidad). En 1810, separouse da provincia de Cumaná. Non foi até 1909 que conseguiu a súa actual distribución administrativa.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Instituto Nacional de Estadística. Censo 2011." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de setembro de 2015. Consultado o 22 de xaneiro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anzoátegui |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
